Sorprendeume a tranquilidade das augas. Estabamos coa barca no Sil a altura dos "Váles", onde facía tempo estiveron agachados os membros da guerrilla do Mario. Apagamos o motor para que acougasen as ondas que facíamos, esperamos a que sen voltasen a tranquilizar. A imaxe era espectacular. Decidín sacar a cámara e fotografiar ese momento. O resultado é esta foto. Unha posta de sol do máis fermoso.
3 comentarios:
Non sabía que crearas un blog. Noraboa por unirte a blogosfera e gracias por terme enlazado. Eu farei o propio. Unha forte aperta
fermosa.
Benvido Javier, fai unhas semanas entrei no blog pero aínda non tiñas nada escrito e agora, de repente, xa está bastante cheo. Xa te temos enlazado no Ponte Louco.
Por certo, a foto é moi bonita.
Publicar un comentario