Seguidores

jueves, 30 de octubre de 2008

O DÍA DOS MAGOSTOS. PRIMEIRA APARCIÓN DOS "FUXIDOS" NA ABELEDA.


No ano 1947 non se celebraba aínda este MAGOSTO tan rumboso; pero moitos aínda recordan a data, pola forte impresión que se produciu no pobo a primeira visita dos ATRACADORES, que agora moitos adoitan chamar "OS FUXIDOS". Á marxe de idealismos ou ficcións, a realidade é que o pobo viviu unhas horas atemorizado, co resultado de varios feridos a golpes, e un de bala, Don Luciano, o Cura, que se salvou de milagre coa fuxida. Levaron diñeiro, que é o que buscaban, ademais de sementar o terror. Isto ocorreu á noitiña do día DOS MAGOSTOS de 1947.


Así relata, D. Carlos Costoya este suceso no pobo de Abeleda.

FERMOSA RUTA DE MONTAÑA EN CASTRO CALDELAS.


Así, titulo o xornal "O Sil" este reportaxe.

Desde o derrame setentrional do nó orográfico de San Mamede-Queixa chegando ata o profundo enfaixamento no que vai o admirable río Sil, tránsito de evocacións e beleza, están asentados os 87,63 km2 do Concello de Castro Caldelas.
Nas orelas que deixa o admirable Sil fórmase o espacio chamado Ribeira Sacra no que esta incluído este concello, tamén espacio cultural dominado polo pasado medieval con abundantes edificios religiosos e civís.
Aproximámonos ás orelas do río Sil camiño do lugar de Paradela, preto do lugar faremos a primeira parada para achegarnos ata as Penas de Matacás desde onde nos asomaremos a verticalista e dinámica paisaxe co Sil facendo de divisoria coa provincia de Lugo. Temos que volver o principio do sendeiro, á estrada, dirección Susaus. Cando levamos 3,5 km temos que coller unha pista á esquerda na que toparemos con outra que nos leva ata as covas dos fuxidos (leva o nome do Mario de Langullo), é de difícil acceso.
Polo camiño orixinal podemos seguir a ruta dirección a Vilarellos ou As Carballeiras, nós imos para As Carballeiras. Entre bosque de piñeiros vai baixando a pista que o pouco xa nos vai metendo na flora autóctona de carballos e castiñeiros e tamén aparecen os fermosos bancais de viñedos que trepan polas ladeiras.
Cando nos topamos co desvío para As Carballeiras temos outro camiño á esquerda que nos leva polo medio de fermosos soutos cheos de grandes sequeiros ata a igrexa de Tronceda, considerada no seu tempo como a de máis difícil acceso de España.
Daquela xa só están as ruínas e algúns nichos do camposanto no que o derradeiro enterro foi no ano 1977.
Volvemos ata o cruce que vai para o lugar de As Carballeiras para achegarnos a el desde o que vemos outro dos magníficos caprichos do Sil, os seus meandros. Desde aquí seguimos para o lugar que fora a freguesía de Santiago de Tronceda, tamén hoxe deshabitada de oriúndos e si habitada por algún veciño vido doutros países. Ó pé de Tronceda está Santa Marta, xusto encima do meandro da Frieira e baixo o alzamento da Pena do Xastre (1.000 m) e o Coto Arma (1.013 m); e o outro lado a meseta lemosina.
Esta ruta non é circular, ó volver podemos coller o camiño que vai a Vilarellos e deste xeito coñecer outro lugar e tamén alongar o percorrido.Todo este acougo natural e patrimonial ben merecido ten a tan desexada declaración de Patrimonio da Humanidade pola que está a loitar e nós tamén nos sumamos á petición e o desexo.

PUBLICADA NO XORNAL "O SIL". Foto: Carlos G. Hervella Texto: Clemente Pérez Arias

lunes, 27 de octubre de 2008

MAGOSTO NA ABELEDA.


O vindeiro sábado día 1 de Novembro, voltarase a festexar o xa tradicional magosto na Abeleda. Contaremos con unha gran churrascada, con outra gran chourizada do pais, as tradicionais castañas dos soutos da zona, viño da Abeleda, bica, e licor cafe para animar a noite. Instalarase unha carpa na praza do pobo por si o tempo non nos acompaña, aínda que esperamos que si. Calculase que seremos unhas 150 persoas ou máis. O prezo será a escotar entre os que asistan.

martes, 21 de octubre de 2008

POSTA DE SOL DENDE COVA



O domingo, cando ía de camiño para Ourense pola estrada de Trives a Chandrexa, o pasar o pobo de Cova, lucía esta fermosa posta de Sol. Non dubidei nin un só segundo, parei o coche, e collín a miña cámara no maleteiro para inmortalizar ese momento.

martes, 14 de octubre de 2008

OURENSE A VISTA DE PAXARO


Un amigo meu pasoume estas fotos de Ourense polo e-mail. Eu quero compartilas con todos vós no blog, para iso, xunteinas nestes video, e para animalo un pouco puxenlle unha cancion da terra, do grupo Siniestro Total "Miña Terra Galega".

lunes, 6 de octubre de 2008

A VENDIMIA A TOPE.


Este fin de semana na Abeleda, a vendima viviu o seu día de explendor. Os tractores, todoterrenos, e todo tipo de vehiculos, circulavan polas pistas. Raro era a viña na que non había xente quitando na uva. Xentes que viñeron de todas partes, Celeiros, Mazaira, Poboeiros, a Garduñeira,.... etc., para recoller o froito das viñas que teñen en propiedade neste pobo. Arrulos, aturuxos escoitabanse dende tódalas ladeiras que rodean este val. Se arrulaban dende a costa de Alais, contestaban os da costa de Paradela, e así sucesivamente. Unha tradición que a pesar dos anos se vai conservando.
A cantidade de producto este foi en xeral bastante inferior a de anos anteriores, pero eso sí, con moi boa calidade. As uvas estaban sanas, non habia presencia de "podre" nos racimos e a graduación foi en xeral alta.

QUE VIVAN OS NOIVOS

Noraboa aos dous. Cesar e Chus, casaron o día 4 de outubro, no mosteiro San Pedro de Rocas. Despois da cerimonia, tiveron o banquete no restaurante "Os Caracoles" na Derrasa, onde se encheron ben as pieles. Para baixar un pouco a comida estiveron amenizando toda a tarde o Grupo de Movilla e compaña. Os Cinco Baixo Cero fixeron unha actuación moi completa, incluso as veces con un novo cantante o "Carcamán". FELICIDADES PRIMOS.