Seguidores

sábado, 27 de octubre de 2012

NATUREZA INERTE

Unha foto expontánea, disparando co movil, desde un coche e en movemento, xogando a ver que saía, despois recortando as partes que non se aproiventaban o resultado fói este. Unha mostra de natureza inerte nunha tarde de outono na Ribeira Sacra. (Por certo non ía conducindo eu je je.)

lunes, 22 de octubre de 2012

A ÚLTIMA BARREIRA

Sempre se nos presentan barreiras, algunhas máis difíciles de superar que outras pero sempre, sempre habrá unha última.

viernes, 12 de octubre de 2012

ANOITECER NA SERRA DE QUEIXA

Non sempre levamos a Reflex con nós, pero por sorte cada vez son mellores as cámaras que incorporan os nosos móbiles.  Sempre son garantía de que si se presentan situacións que merecen a pena pararse e sacar unha foto só tes que meter a mán no bolsillo do pantalón, chaqueta etc... e improvisar cos nosos móbiles. Esta é unha de esas fotos.
Dedicada a todos os seguidores que cada día perdedes un tempo escribindo os comentarios que tanto axudan a manter este blog activo. Moitas Grazas.

jueves, 4 de octubre de 2012

MIRADOR PENAS DE MATACÁS.

Como non.... non podía faltar fotos da miña terra, a Ribeira Sacra Ourensá que tantos espacios ten escondidos para mostrar os viaxeiros. Cada ano son centos e centos de visitantes que veñen a disfrutar desta paraxe, e espero que este número siga en aumento. Deixo esta foto do mirador das "Penas de Matacás", na aldea de Paradela, concello de Castro Caldelas. Espero que vos guste.