Seguidores

jueves, 29 de mayo de 2008

EXPO ZARAGOZA.


Faltan 15 dias para que comenze a Expo Zaragoza. O vindeiro 14 de Xuño abrirá as portas os espectáculos, exposicións, concertos...etc. A exposición ten por obxeto a auga como elemento imprescindible da vida. Vai merecer a pena mergullarnos nesta gran espectáculo, e sobre todo hoxe en día con tanta polémica sobre o cambio climatico.
Eu xa teño as entradas.

miércoles, 28 de mayo de 2008

UNS NOVOS VECIÑOS


Este fin de semana, atopeime con estes novos veciños. Levánteime pola mañá, ía de camiño ao alpendre que teño no patio da miña casa a coller leña para a cheminea, e de súpeto chamoume a atención uns maullidos de gatos pequenos. Collín unha lanterna, achégueme ao oco de onde proviñan e encontreime con estes animaliños. A súa nai estábaos transladando, á tarde despues de xantar xa estaba os catro irmáns xuntiños.
Unha nova familia.

martes, 20 de mayo de 2008

LEVANDO O "CASTRO" POR ASTURIAS




Como podesde ver(se pinchades na foto, xa que así non se aprecia), leveime o Castro de ruta polos Picos de Europa. A foto esta sacada na ponte "De los Rebecos" na ruta do Cares.
É unha senda que percorre a garganta do Río Cares é a ruta de sendeirismo máis espectacular e coñecida do Principado de Asturias.
Discorre entre as localidades de Poncebos e Caín (León), sendo tradicionalmente a única comunicación entre ambos os pobos durante os invernos de intensas nevadas.
A senda, escavouse artificialmente na rocha para a canalización do Cares e o seu aproveitamento hidroeléctrico na Central de Camarmeña-Poncebos (1916-1921).
O trazado do percorrido é bastante chan, salvo uns repechos no inicio.
Iníciase a ruta cunha curta pero empinada subida pola esquerda do Río Cares ata Os Collaos, punto no que se descende ata atopar a senda escarbada na rocha que neste punto está xunto á canle.
A partir de aquí a senda é practicamente chá. Tras cinco quilómetros, chegamos á majada de Culiembro, de onde parte a canle do mesmo nome que sobe cara aos portos de Ostón.
Seguimos camiñando, e podemos apreciar que aumenta a altura respecto ao río, chegando despois á ponte de Bolín, onde cruzamos o río a gran altura, volvendo cruzarlle pouco despois pola ponte dos Rebecos.
Para rematar, percorremos unha zona de túnel con ventás escavado na roca, na zona máis angosta do percorrido e chegamos á presa de Caín, onde empeza a abrirse o val e iremos vendo as casas de Caín.
Duración da ruta entre 6 e 7 horas.
Sen dúbida unha das rutas máis fermosas que percorrín, e que recomendo facer, iso si, se tedes vértigo non a recomendo, xa que hai puntos nos que realmente se sente a altura.

lunes, 19 de mayo de 2008

CHOIVAS DESTES DIAS


Fai uns meses publiquei un post neste blog sobre o encoro de Chandrexa de Queixa. Estaba totalmente seco, o seu caudal era menos do 10%. Pois... as cousas mudaron nestes últimos dous meses. As neves xa derreteron, e a cantidade de auga que leva caido neste tempo deulle a volta a situación deste encoro.
A verdade é que está moito mellor así.

viernes, 16 de mayo de 2008

O POMBAL DO COUTO


Medio en ruinas, temos na foto este pombal. Situado no Couto, pertenceu no seu día o Pazo dos Taboada. É o único que temos en todo o val de Abeleda, e non debería de desaparacer. Creo que as administracións locais debería botar man a estas construccións que estan en poder de propiedades privadas para restauralas, e despois poder ofrecer algún servizo con elas,(Ben sexa de oficinas de turismo, exposicións, etc...)cobrando unha pequena entrada pola súa visita, para financiar o custe do seu mantemento. Sería unha forma de non perder o noso patrimonio nin a nosa cultura.

jueves, 15 de mayo de 2008

AS RUINAS DO NOSO MOSTEIRO.


Deixovos unha recopilación de fotos sobre o Mosteiro de San Paio de Abeleda, que recolleu Xoan Arco da Vella. Espero que despois dos proxectos que se escoitan e se ven en internet, estas imáxes queden moi pronto esquecidas.

martes, 13 de mayo de 2008

NO PAIS VECIÑO


Este fin de semana, estivemos no pais veciño Portugal. Digo estivemos porque fun acompañado coa miña parella e uns amigos. Deixovos o itinerario que fixemos.

Subimos pola estrada lado a lado coa ría dirixindonos á localidade de Costa Nova onde nos aloxamos. A visita a este lugar é imperdible, pois aquí están situadas as típicas casas pintadas de cores fortes e a raias verticais (sempre branco e outra cor, normalmente amarelo, vermello, verde ou azul), o nome común destas son "palheiros". Actualmente esta localidade está moi envorcada co turismo e ten fortes ligaduras co pasado ancestral do distrito de Aveiro.

Ese mesmo día visitamos Aveiro. Este concello debe moito á súa excelente situación xeográfica, que lle permitiu un espléndido desenvolvemento debido ás actividades de salgadura, de pesca e de comercio marítimo. Entramos na cidade pola súa zona principal ( O Rossio) onde puidemos ver que a ría atravesa a cidade en forma de canles creando unha paisaxe única que interrelaciona a auga co medio urbano. Alí cerca temos unha das innovacións dos últimos tempos, o Forum Aveiro, un centro comercial bastante grande e con numerosas tendas modernas. Nos barrios da ribeira atopamos a simbiose da auga e do urbano, con pequenas casas revestidas de azulexos, que deixan reflectar a auga. Rúas estreitas condúcennos a moitas pastelerías que teñen os seus escaparates cheos dos típicos "ovos moles". Ao día seguinte dirixímonos (xa achegándonos a Galicia) ao Porto, a segunda metropole de Portugal. A cidade do Porto situada na desembocadura do río Douro. O primeiro que quería visitar e chámome a atención foi o seu casco antigo, que está nun outeiro desde a beira do río, cheo de callejuelas estreitas, algunhas a verdade moi abandonadas e fachadas e cristaleiras necesitadas dunha boa rehabilitación (algo que non esperaba, logo de ser nomeada Capital da Cultura no 2001 e ser considerada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Sorprendeume de verdade esta cidade, sabía da difencia de cultural entre as propias xentes do lugar, pero o que non me imaxinaba era o descoidada e sucia que estaba a cidade. Case sen máis tempo visitamos moi rápidamente o resto de monumentos da cidade, e as seis pontes que cruzan o Douro.

lunes, 5 de mayo de 2008

EN MADRID XA HAI 31 LIGAS


Noraboa campeons.

Non podía ser menos, o Real Madrid celebrando a súa 31 liga de España. Esta tempada non puido haber máis títulos pero bueno, os aficionados xa nos deron unha alegría.

Onte nun partido que se lle empezou a compricar coa expulsión de Cannavaro, e máis tarde co gol do penalti do Osasuna, os merengues sacaron a súa forza, a súa garra de campeons, e souperon darlle a volta o marcador, no campo do Osasuna.

O final 1-2 e CAMPEONS DE LIGA.

viernes, 2 de mayo de 2008

MOSTEIRO DE SAN PAIO DE ABELEDA




Rebuscando entre as follas da amplia internet, atopeime cunha grande sorpresa. Unha web sobre o mosteiro de San Paio de Abeleda "http://www.mosteirodesanpaio.com/" que parece que lle volta a dar luz a este patrimonio que temos moi abandoado. De verdade espero que non se volva a quedar só nun proxecto. Tiña escoitado rumores da súa restauración pero lévase falando tanto deste mosteiro que xa nada era crible. Esta web, abre un pouco a luz da miña esperanza.