Seguidores

martes, 24 de julio de 2012

LISTA PARA VOAR

De supeto atopeime con este animaliño,  ainda non sabía voar, abría e pechaba as ás pero non chegaba a voar. Debía facer pouco que acabara a súa transformación.
Colleume de improvisto e só puden tirar de móvil para poder sacarlle algunhas fotos. Una delas e esta.

martes, 17 de julio de 2012

CRÍA DE ANDURIÑAS (GOLONDRINAS)

Sabía que tiñan que ter cria, non paran de sair e entrar os pais uns trans outros. Estiven observando durante un tempo e puiden escoitar que o chegar ca esperada comida eles piaban. Puxenme en acción, collin unha escada e alí me subín coa reflex, a seis metros de altura. Tiña algo de medo que me os pais puidesen  verme e deixar abandonado o niño. Cando cheguei xunto a eles descubrin que eran catro, catro paxariños con moitas gañas de comer. Molesteinos un pouco co flash, non moito tempo porque podían voltar os seus pais. Ainda así pillaronme cas maos na masa pero parece que non lles importou. Revolotearon arredor miña un anaco pero o final todo seguiu igual. Este e o resultado.

martes, 10 de julio de 2012

RETRATO TRAS UN DÍA NUBRADO


Pido perdón por este parón obrigado, e non poder atender os vosos blogs, pero dúas grandes razóns me apartaron durante estes días. A primeira o tempo, son datas de vacacións e estamos a metade de persoal na empresa, que a pesar dos tempos que corren seguimos tendo bastante traballo. A segunda, foi un virus que me paralizou por completo o ordenador. Por sorte e grazas as copias de seguridade non perdin ningunha información.

Emprendo de novo a andaina con esta foto, sacada unha mañá moi nubrada e bastante escura.
Edificio do colexio dos Escolapios en Monforte de Lemos. (LUGO).