Seguidores

miércoles, 30 de abril de 2008

O CASTELO



Megullandome neste fondísimo rede de Internet, atopei con este video na famosa páxina de Youtube. Aquí o amigo Xoán Arco da Vella deixanos unha recopilación de fotos do noso castelo.
Sen dúbida unha voa mostra desta fermosa construcción.

FOMENTO VOLTA A ESQUECERSE DE TRIVES E CALDELAS.





O estudo informativo e de impacto ambiental dun novo acceso entre a comarca de Trives e a estrada N-120 foi orzado en 239.623 euros, segundo recolle a convocatoria do concurso de redacción de ambolos traballos. O anuncio realizouno a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, que fixou un prazo de 14 meses para a súa redacción. Este departamento apunta que a nova estrada, da que tamén se beneficiará a comarca de Caldelas, ten como obxectivo "dotar a esta zona dunha infraestrutura de comunicación axeitada ás súas necesidades de mobilidade". A consellería que dirixe María José Caride tamén resalta a "notable mellora" que o acceso suporá para as comunicacións entre esta zona e o sur lucense. Aínda que o trazado determinarao o estudo informativo, barállanse dúas opcións: Trives-Montefurado (Quiroga) e San Xoán de Río-San Clodio (Lugo), polo Alto dá Moá. En todo caso, a lonxitude do enlace será de 12 a 14 quilómetros, segundo Política Territorial. O traballo deberá reflectir o trazado da nova estrada, os ramais de conexión con outros viarios e a súa compatibilidade e coordinación cos proxectos do Ministerio de Fomento. Esta esixencia obedece á necesidade de adecuar o acceso á futura autovía A-76, que comunicará Ponferrada con Ourense e cuio trazado discorrerá por Monforte. Así o apuntaron onte fontes socialistas, confirmando deste xeito o informe técnico que descartou o Corredor número Tres, que discorre por Trives e Castro Caldelas, e cuia reivindicación mobilizou por centos de veciños destas comarcas. ?Vai buscar a A-76?, apuntaba o dirixente do PSOE.

Alfredo Estévez: "É un mal menor"


O presidente da "Asociación prol A-76. Corredor Tres. Por Ourense", Alfredo Estévez, recibe o anuncio da Consellería de Política Territorial como "un mal menor". Explica que a última promesa que recibiu da clase política "foi ese enlace". Con todo, o empresario de Caldelas non desborda entusiasmo ante a nova estrada. "Nós sempre dixemos que non aceptariamos esa solución", dixo e ratificouse na súa demanda dun trazado ourensán para a futura autovía Ponferrada-Ourense. Pero as súas protestas poderían quedar reducidas a unha queixa verbal, pois a capacidade de mobilización da Plataforma prol A-76, que preside, está baixo mínimos. "Teremos unha reunión ou 15 de maio e probablemente se disolva. Vos integrantes dá directiva xa estamos esgotados", dixo. O alcalde da Agrupación Independente de Trives, Francisco José Fernández, considera "unha boa noticia" a decisión do departamento de María José Caride. Explica que, "se, como todos os indicios apuntan, o corredor elixido para a A-76 non vai ser o número tres, era necesaria a nova estrada". O rexedor aclara que "non podiamos esperar a que finalizase a futura autovía para ter o acceso, pois estariamos falando de moitos anos". Francisco José Fernández avoga por un trazado a través do concello que dirixe. "Se para ir ao Barco, hai que viaxar ata Caldelas, non solucionará nada e nós dependemos dos servizos barquenses"

NOVA PUBLICADA NA REXIÓN.


Como podedes apreciar, a Comarca de Caldelas e todolos caldelos temos "moito" que agradecerlle ao Ministerio de Fomento. Que pasa... non existimos...

Pareceme unha auténtica vergoña. Xa nos quitaron a N-120, e agora pretenden deixarnos satisfeitos con un enlace que probablemente non pasa nin polo noso concello.

VOLTOU A BRILLAR OLD TRAFFORD


Onte voltou a Champions, e voltou ao grande. En Inglaterra no estadio do Manchester, viviuse un gran partido, entre os Ingleses e os Culés. Tanto Manchester como o BarÇa xogaron moi ben, foi un partido intenso e precioso, pero a mellor forma física e calidade dos ingleses deronlle a victoria. No Barcelona saíuse Messi, sen dúbida para mín o mellor do mundo neste momento.

De todolos xeitos como bon madridista que son, no podo evitar estar ledo pola eliminación do Barcelona. Grazas Manchester.


jueves, 24 de abril de 2008

O CAMBIO CLIMÁTICO


Xa era consciente diso, sempre procurei reciclar, separar o vidro e cartón dos materiais orgánicos. Pero desde fai unha semana abríronme moito máis os ollos. O peor de todo é que me fixeron ver unha crúa realidade que azouta ao noso planeta Terra. Fai unha semana a través dun curso de enerxías renovables na confederación de empresarios de Ourense (CEO), tiven a sorte de asistir a unha charla sobre o cambio climático segundo Susana Bayo, a encargada de mostrarnos dita realidade. É unha das 200 representantes do Proxecto Cambio Climático de Al Gore en España, para dar conferencias sobre o gran problema deste planeta. Puiden observar unha realidade que esta moi oculta para a gran maioría dos habitantes. Ver como se perden grandes masas de xeo nos polos, como desaparecen os poucos graciares que aínda nos quedan é realmente impresionante. Como sigamos neste ritmo, moi pronto converteremos a Terra nun auténtico invernadoiro. Fai dous anos, os científicos comunicábannos que no ano 2040 o Glacial Artico quedaría libre de xeo. Na actualidade estannos a decir que de seguir neste ritmo o desxeo total será no 2020. ¿Que pasará entón?¿Quen refrixera o noso planeta?.

Actos como este deberían estar presentes en moito mais lugares. Non cabe dúbida que concienciar á xente é facer que os políticos boten mans ao asunto. Mentres os cidadáns da pé non nos importe, eles non o tomarán en serio. Ata da gora todo son boas palabras, pero feitos vense moi poucos. Pouco importa pór o "dia da auga", o "día da Terra", e logo quedar coas mans cruzadas. Só me queda dicir que entre todos debemos coidar o noso planeta, que é a nosa gran casa. É que... a terra esta pedindo oxigeno a berros.

martes, 22 de abril de 2008

ABRIL... AUGAS MIL


Este ano o refrán "En abril augas mil" cúmprese con fartura. Despóis da seca que nos viña invadindo e preocupando ao longo dos últimos meses, tivo que chegar Abril para, se non solucionar, polo menos abastecer algo os mananciais. Neste mes, caeu máis auga, que dende outubro do 2007 a marzo do 2008. Encoros que no mes de decembro estaban por baixo do 10%, agora están case ao 100% por exemplo o de Celeiros no concello de Chandrexa de Queixa. Outro exemplo son os ríos da nosa zona, "Terras de Caldelas". O Edo ata hai pouco, podíase cruzar dun lado a outro sen mollalos pés, pero este fin de semana puiden ver como o seu caudal, aínda que sen ser excesivo aumentou considerablemente.

Voltamos ó tipico clima da nosa Galicia, choiva, choiva e máis choiva. Volvemos a ter o noso verde típico nos lameiros, nos montes, as rúas sempre molladas, os meniños pisando nos charcos.... A verdade e que a auga xa se botaba en falta.

lunes, 21 de abril de 2008

A PRIMEIRA ANDAINA DE MONTERRAMO, PASADA POR AUGA.


A primeira andaina polo concello de Monterramo, celebrada este fin de semana, estivo marcada pola mala climatoloxía. Choiva, vento e ata neva nas cotas máis altas estiveron presente a longo do percorrido. As duras condicións climatolóxicas obrigaron a atender a varias persoas por hipotérmia ao longo da proba, aínda que por contra, os camiñantes puideron gozar dunha paisaxe impresionante no percorrido previsto polo Concello de Montederramo, organizador da andaina. Ademais, ao chegar a meta, os participantes puideron degustar un caldo quente, seguido de empanada, "perritos calientes" e bica, todo iso, do mesmo xeito que os avituallamentos, ofrecido polo Inorde, que colaborou no feliz desenvolvemento do evento deportivo.

Os participantes inscritos eran sobre uns 400 dos cales só tomaron a saída aproximadamente 200. Pódese decir que o evento foi un éxito, tendo en conta o mal tempo que vai estes días.

jueves, 17 de abril de 2008

RETRATO DO PASADO


Nesta imaxe o autor quere mostrar o paso do tempo na cultura do viño, un tempo que deixou atrás os cestos, e as cubas de madeira de carballo e deu paso aos tractores, e ao aceiro nas labores vitivinícolas. Como non; na Ribeira Sacra e a pesar da súa orografía, antigos apeiros de labranza deixan o paso ás novas maquinarias e tecnoloxías.

Esta fotografía é un vivo retrato do pasado, un pasado que aínda perdura nalgún recuncho de todolos pobos e aldeas da Ribeira Sacra.

Os cestos pasaron de ser unha ferramenta moi usada na vida dos nosos antergos, a decorar as airas das casas, ben facendo de xardineiras ou ben penduradas das paredes de pedra.

miércoles, 2 de abril de 2008

ACCIDENTE NO SIL

Un empresario ourensán, Francisco Javier Igrexas, de 50 anos, faleceu onte ao saírse o seu coche da estrada LU-903, que enlaza Castro Caldelas e Monforte, e precipitarse por un terraplén duns 100 metros ata caer ao río Sil. O propietario de neumáticos Susan, situado na rúa Bonhome da cidade, faleceu no acto. Un equipo de mergulladores da Garda Civil rastrexou o río durante máis de catro horas ante a sospeita de que no automóbil, un Renaul Express, viaxaba outra persoa. O accidente tivo lugar uns 500 metros antes da Ponte do Sil.