Seguidores

lunes, 31 de octubre de 2011

PONTE EN DESHUSO

Sigo sen entender algunhas inversións que se fan neste pais. Esta ponte non parecer ter moito tempo, non o sei verdadeiramente, pero o caso e que o estado actual é en deshuso. A escasos metros fixeron outra máis alta e moito máis fea, para sustituila.

Ahora nesta entrada pido perdón por ter os comentarios de tódolos vosos blogs desatendidos, pero estiven de viaxe de traballo e non tiven tempo de poder atender os blogs que sigo. Intentaréi poñerme ao día cos comentarios. Un saúdo a todos e mil disculpas.

martes, 18 de octubre de 2011

FROITO OUTONAL.

Si.. xa empezan a caer, pese a sequía que esta a caer aquí, estes froitos outonales xa empezan a descolgarse dos castiñeiros. Non hai dende logo a colleita que adoita haber nos soutos Caldelaos, pero non cabe dúbida algunha de que é unha castaña de moita calidade.

martes, 11 de octubre de 2011

OLDSMOBILE

Dende pequeno tiña visto este coche rondar no verán pola estradas do meu pobo. Nunca me tivera fixado na marca, que por certo un tanto peculiar. Oldsmobile. Estivo un tempo sen ser sacado a pasear, pero este agosto volvín a cruzarme con el. Por sorte levaba a cámara conmigo e puden sacarlle unha instantáneas.

lunes, 3 de octubre de 2011

ARTE ROMANO

Na entrada do castelo de Castro Caldelas (Ourense), mostrase unha catapulta antiga. Seguro que algún día a utilizaron para a defensa do castelo. Esta foto é un detalle da roda que faí anos movia este apararello dun lado para o outro.