Seguidores

jueves, 25 de septiembre de 2008

COMENZA A VENDIMA NA ABELEDA


ADEGA CACHÍN, coa marca Peza do Rei deu comenzo a vendima na súa mítica viña que lle da nome o seu destinguido viño. Unha viña que foi rescatada do olvido pola familia de Cesar Enriquez actual xerente da adega.
Este ano a vendima presentase con menos uva que en anos anteriores, pero mantendo a mesma calidade ou mellor.
De seguido deixovos un texto publicado na Voz de Galicia no ano 2003, donde Cesar nos fala do seu exquisito viño.


A VOZ DE GALICIA, SET. 2003
-Ten unha cor atractiva, de capa entre media e alta. É moi aromático e ao bebelo é suave e amplo ao mesmo tempo, cun repunte de acidez que o fai longo. -Atopa todo iso na copa o consumidor? -Normalmente, non. Aos consumidores o viño gústalle ou non. Elixen unha marca a diario, á que adoitan ser fieis. -Elabóranse viños pensando nas catas onde se deciden premios? -Hai que pensar sempre no consumidor, que ten a última palabra. Catar é outra cousa, e moi difícil. -Como se consegue a fidelidade do cliente? -O máis importante é manter unha regularidade nos viños. O que atopa unha marca que lle gusta non anda cambiando, pero tes que ofrecerlle unha calidade, Aínda que non sexa un catador, o consumidor sabe moi ben o que lle gusta e o que non. -Galicia non é o mellor escenario para conseguir a regularidade nas colleitas. -Aquí é bastante difícil, hai que seleccionar moito a uva que entra na adega. Na vendima cada un márcase unha meta. Uns pensan máis en encher as cubas e outros buscan manter o nivel de calidade do viño. -Peza do Rei é o viño máis premiado desde a posta en marcha da Mostra dos Viños da Ribeira Sacra. Cal é a receita? -A viticultura marca as diferenzas e así debe ser. O que distingue a uns viños doutros é a materia prima. Aínda que tamén compra algunha uva, aos nosos viños dálle personalidade a Peza do Rei porque alí controlamos a madurez da uva, -Como se consegue unha vendima en condicións? -Hai que superar moitos erros, o primeiro a sobrecarga de produción. O segredo dos viños está en non pasarse na produción da cepa, repartir ben a carga para que a uva estea ben aireada e teña suficiente insolación. Así se reduce a incidencia das enfermidades e se vendima antes. Adiantarse a finais de setembro para vendimiar é importante porque a partir dese momento sempre veñen choivas. Se sacamos unha uva madura iso tradúcese na calidade dos viños, e para conseguilo fai falta unha viticultura profesional que controle a produción. -Dos tres tintos premiados na cata de Ribeira Sacra dúas son da Teixeira e Trives, municipios polos que ninguén apostaba fai uns anos. Que pasou? -Salvo catro ou cinco que seguen dándolle voltas ao asunto, a maioría da xente entendeu que o primeiro é o nome con que se faga a adega, e logo a denominación de orixe. A mellor garantía é a marca do viño e a contraetiqueta de Ribeira Sacra. Nas botellas de Peza do Rei nunca se mencionou a subzona de procedencia e penso que como idea funcionou ben.

lunes, 22 de septiembre de 2008

CHEGOU O OUTONO.


Acabamos de entrar no outono, aínda que se botamos unha ollada as árbores da comarca, sobre todo aos carballos, pareceranos que fai tempo que xa estamos nel. Grazas a unha praga de insectos que sufriron durante todo o verán, as follas teñen a típica cor marrón outonal, e levan con esa mesma cor case todo o verán. Segundo os técnicos ambientais, débese como dixen antes, a unha praga de insectos, que debido ás condicións de humidade que sufrimos durante todo o verán proliferaron ás súas anchas. Nalgúns lugares intentaron combatelos fumigando desde avións e elicopteros. Esperemos que só sufrisen as follas e se póidan recuperar para a próxima primaveira, e nos mostren o verdor tan especial que teñen as nosas montañas.

lunes, 8 de septiembre de 2008

NA EXPOZARAGOZA 2008



Bueno, xa estamos de volta, logo de moito camiñar, entre xentes, pavillons, e as longas colas de espera para entrar os espectaculos. De volta pero enormemente satisfeitos coa visita a Expo2008. Alí deixamos ao pavillón ponte, sobre o río Ebro, a torre da auga, con 73 metros de altura e un corredor que sobe envolvendo toda o edificio de mil e pico metros de lonxitude. Sen dúbida un evento digno de ver. Alí quedou tamén o pavillón de Galicia, un recinto pequeno e moi sinxelo, cunhas presentacións interactivas pero que me fixeron saltar a morriña. E máis aínda cando descubro unha parede do recinto formada por bloques de cristal que conteñen dentro mostras de auga de cada concello de Galicia, entre eles o de Castro Caldelas e A Teixeira.
Aquí déixovos dous fotiños, unha da ponte vista desde o telecabina e a outra da torre da auga. Supoño que colgarei máis cando termine de descargar todos as tarxetas de memoria, porque... por fotos non será. Creo que sobre unhas 500 máis ou menos.

martes, 2 de septiembre de 2008

ENTRE LÓSTREGOS


Levaba ameazando o trono desde facía uns intres, a noite adiantábase debido ás intensas nubes. Estábamos ceando cando de súpeto unha intensa luz laranxa entraba polas fiestras. Só durou un par de minutos. Levantámonos da mesa para asomarnos ao balcón da miña casa, e ao ver tanta beleza no ceo collín rapidamente a miña cámara para sacar esta fermosa fotografía. Despois puxose moito máis nubrado e o trono apoderouse do ceo.