A baixada das augas do Sil, puxo a descuberto verdadeiras curiosidades. Unha delas é este piar dunha antiga ponte, da cal non se sabe a data, pero pode ser a que mencionou o licenciado Bartolomé Medina na súa descripción do REINO DE GALICIA, en 1550.
Según ese escrito a parte superior da ponte estaría feita de madeira.
Todo esto son suposicións que de momento ninguén sabe aclarar. Nin os máis vellos da zona recordan esta ponte. Solo atinan a comentar que a estes piares os barqueiros amarraban as barcas que utilizaban para pasar o gando e as persoas, e bautizárono como o "Piar Vello".