Seguidores

domingo, 28 de noviembre de 2010

PLUMAXE

Despois de estar uns días desaparecido deste mundo, pído perdón por non poder entrar nos blogs que sigo e por non poder subir fotografías.

Vou estar unha temporada entrando moi pouco  neste e noutros blogs de fotografía.
Espero poder estar moi pronto con todos vós.

domingo, 14 de noviembre de 2010

PAISAXE OUTONAL CON ARCO DA VELLA

Decidín saír a dar un paseo polos arredores do meu pobo coa cámara a costas. Estaba un día para chover pero tamén ía sol, levaba en mente poder captar o arco da vella que saía a veces. De supeto nun momento no que o sol e a choiva volveron a coincidir logrei sacar esta imaxen.

domingo, 7 de noviembre de 2010

VERDE QUE TE QUERO VERDE

Detrás dos paseos outonais están innumerables fotografías que a natureza nos deixa. Normalmente con un varíado colorído... pero nesta imaxe logrei que predominase o verde con diferentes tonalidades pero case toda verde.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

PRECIOSIDADE ANTIGA.

É todo un luxo que hoxe en día aínda se conserven algúns destes vehículos. Poucos se poden ver agás en esposicións ou eventos, pero de vez en cando a nosa mirada queda sorprendida por estas maravillas.