Seguidores

jueves, 31 de diciembre de 2009

FELIZ ANINOVO.

Xa o dí o título desta entrada, FELIZ ANINOVO!!! a todos os que entrades neste blog. Que o vindeiro ano veña cheo de ledicia, saúde e todas esas cousas que se dín nestas datas. Un saúdo para todos vós.

lunes, 28 de diciembre de 2009

25 DECEMBRO NEVADO, COMO DEBE SER.





Pasei a Noiteboa en Chandrexa de Queixa, nada máis chegar sobre as 18:30, empezou a caer neve, XUSTO A TEMPO!!!! tardo media hora máis e non podo subir. Estivo nevando a ratiños, e incluso en algúns moi intensamente, pero a nevada non foi das máis grandes, digamos que máis ben pequena. Pasou a noite, e o despertar pola mañán aínda me deu tempo de sacar unhas cantas instantáneas coa neve.
Aquí vos deixo algunha.

PANORAMICAS


Gustame a fotografía, e sobre todo facer panorámicas.... Pois ahí vai unha do Castelo e da Capela dos Remedios.
Esta sacada dende a presa da Eléctrica de Castro Caldelas.

domingo, 20 de diciembre de 2009

NOITES BAIXO CERO



Se estivestes esta fin de semana polas Terras de Caldelas, comprobaríades que as temperaturas fóron moi pero que moi frescas. Bo tempo para as matanzas.

lunes, 9 de noviembre de 2009

VOLTAN OS CABALOS



Outro ano máis Peza do Rei, volve organizar o día 15 deste mesmo mes, unha rota equestre polos montes e pistas da Abeleda. Os cabalos someteranse a unha gran proba de resistencia para sortear as fortes subidas e baixadas das que conta todo o percorrido. Esperamos que se supere a partipación de xinetes do ano pasado.

Non vai a ser unha carreira, pero sempre existen algúns piques entre os xinetes. Incluso algún se o toma bastante en serio e trata de que o seu cabalo sexa o máis rápido de todos.

OUTRO MAGOSTO MÁIS.



Coma ven sendo habitual neste tempo, esta fin de semana celebrouse o tradicional magosto de Abeleda. Unha carpa con capacidade para 150 persoas encheuse coa participación da xente de tódolos arredores do pobo. Unha boa churrascada, acompañada por xamón cocido, e polo asado foi o menú principal, entre todo iso non puido faltar o viño novo como bebida, e xa de postre as tradicionais castañas asadas, bica e licor cafe.

Como ben sendo xa común algún que outro mollouse un pouco de máis co viño, o licor e as herbas. Pero iso precisamente é do que se trata, pasalo ben entre todos e entre conversa e conversa, mollala boca con estes productos da terra.

Resumindo... unha gran noite con éxito de participación. Esperámos que o ano que ven, sexa igual ou mellor.

jueves, 29 de octubre de 2009

ENTRE OS DEZ MELLORES CASTELOS DE GALICIA.


Os caldelaos estamos de noraboa, o noso castelo foi escollido a través da TVG, entre os dez mellores de Galicia. Hoxe no programa A TARDE, sabrase cal foi o máis votado. Creo que temos unha oportunidade para dar a coñecer mellor o noso patrimonio.
Ahora deixovos o enlace para que entredes e poidades votar.

http://blogs.crtvg.es/mu/atarde/

lunes, 13 de julio de 2009

O "REXURDIR" DOS POBOS.

Chega o verán, volta xullo e Agosto, e con eles os pobos "renacen". As xentes chegan a súa terra natal, casas que están todo o ano pechadas abren as súas fiestras. Pobos que no inverno están totalmente deshabitados, vense outra vez con vida nas súas rúas e camiños. Dende logo que é unha gran ledicia ver así as nósas aldeas.

viernes, 5 de junio de 2009

ADIOS A DAVID CARRADINE


Acabanos de deixar outra estrela do cine e da televisión. David Carradine, o protagonista da serie Kung Fu (unha serie que me apaixonou con tan só 5 anos), apareceu aforcado na habitación do hotel donde se aloxaba en Tailandia. O actor estaba nese país para rodar unha nova pelicula.
En Kung Fu foi onde descubriu a súa aptitude para o drama e traballou paralelamente no cine e na televisión. En 1971 o productor Jerry Thorpe pediulle que interpretase ao monxe Kwai Chang Caine na serie 'Kung Fu', cuxo éxito lanzouno á fama mundial.

O seu personaxe é o dun monxe de ascendencia chinés-americana, que crece no tempo Shaolín de Chinesa e convértese nun budista experto en kung-fu, ciencia chinesa de defensa persoal.

A serie emitiuse un ano máis tarde pola cadea ABC de televisión en 63 capítulos que posteriormente percorreron as cadeas de televisión de case todos os países.

traballou en numerosas películas como 'Cannonball' (1976), 'O ovo da serpe', de Ingmar Bergman (1977), 'Alerta vermella: Neptuno afundido' (1978) de David Greene, 'O desafío do cóndor' (1979), de Barry Brown (1979), e máis recientemente 'Kill Bill 1' (2003) e 'Kill Bill 2' (2004), de Quentin Tarantino.

lunes, 25 de mayo de 2009

DOUS QUE SE VAN, FIGO E MALDINI.



Nestes días que tanto se fala de futbol, e en vísperas da final de Champions, sáen deste mundo duas estrelas que brilaron polo gran traballo que fixeron na súa profesión.
Por unha banda Lúis FIGO, xogador que militou entre outros clubes no Barça e Real Madrid, anunciou a semán pasada que deixa o fútbol profesional.
Na outra banda esta MALDINI, o xogador italiano foi despedido onte ante a súa aficción nunha emotiva despedida, na que o futbolista se amocionou.

jueves, 7 de mayo de 2009

O TORO BRAVO


Dicen que a maior caixa de secretos sobre este animal atopase en Salamanca. Ese singular ecosistema chamada "Dehesa", é a que mellor coñece, e máis agocha sobre o toro. A pasada ponte tiven a oportunidade de facer unha viaxe por Salamanca, e non quería voltar sin ver unha "dehesa" con estes "animaliños", e á verdade é que non me defraudou cando estiven nela. Non tiven moito tempo para contemplalos, pero penso que estaría horas e horas mirandos. Os seus comportamentos, os seus movementos, xa demostran a furia e a bravura que teñen. Contan que o toro dende que nace é coidado con exquisito mimo durante catro anos, ata que esté forte e robusto para saltar a praza. Durante ise tempo o gandeiro pasa horas e mesmo días enteiros contemplando o animal para poder medir a bravura, nobreza, a clase e a forza, para despois elexir o correcto exemplar.
Na foto duás crías de toro medindo xa as súas forzas.

lunes, 30 de marzo de 2009

NEVE,SOL, CHOIVA E GRANIZO.


O pasado sábado foi un día un tanto peculiar. Estiven todo o día por Chandrexa de Queixa, e na mesma xornada puiden ver a neve, o sol, a choiva e o granizo. Un deses días tan especiais do mes marzo, con ráfagas dun sol que queima, e de seguido un frío que atereze. Dendo logo esta xornada cumpre co refrán "MARZO MARZÁN, POLA MAÑAN CARA DE RISA E POLA NOITE CARA DE CÁN".

miércoles, 18 de marzo de 2009

AS MOTOS INVADIRON A PRAZA DA ABELEDA.


O pasado domingo medio cento de motos aparcaron na praza da Abeleda. Case cen moteiros decidiron matar a fame no Meson Casa Lelo, e aparcaron os seus cabalos metalicos na praza, achegadon as miradas de aficionados as motos e curiosos.

OS QUITAMEDOS NOS CAMIÑOS GALEGOS


Faí un tempo pasaronme un video coas cousas que reciclamos os galegos. Seguro que algun de vós o ten visto. Mesmo saíu na TV. Bueno pois eu hoxe aporto outra fotografía máis. Os quitamedos nos camiños galegos.

lunes, 9 de marzo de 2009

CORTADA AO TRAFICO A ESTRADA DE MONFORTE

Durante toda esta semana, a estrada de Monforte-Castro Caldelas permanecerá pechada ao trafico no tramo dende Doade a Ponte do Sil. Este peche é debido as melloras que no último ano se están a levar a cabo ao londo de toda a estrada. Asi que... os que vos teñades que desprazar ata Monforte ide buscando outra alternativa.

viernes, 6 de febrero de 2009

PHOTOSHOP E A ETERNA XUVENTUDE.


Sabía do potencial deste programa para o retoque fotográfico porque eu uso bastante. Pero sendo un verdadeiro gurú do Photoshop podes conseguir efectos moi interesantes e ata impensables.Deixovos un video para vexades o que en realidade pode cambiar unha persoa. Así tamén entenderedes a eterna xuventude dalgunhas personas nas revistas. Impresionante verdade?

martes, 3 de febrero de 2009

VILARIÑO FRIO.


Contaronme que unha noite de inverno un transeunte, que viaxaba dende Castela ata Ourense, cruzou Vilariño, aquela noite debido a xeada facia un frío que cortaba. O home cruzouse con un paisano e preguntolle. -Boas noites, poderíame decir o nome deste pobo se é tan amable. O paisano respondeulle de seguido. - Pois sí señor, chamase Vilariño Frio. O transeunte nada máis oir a resposta dixolle, - Digame solo o nome, que o apellido xa o adiviñei eu.

COUSAS COUSIÑAS XA TEN 1 ANIÑO


O pasado día 1 de Febreiro, este blog cumpriu o seu primer aniño de andaina por estas terras de Internet. Espero que entre o tempo e todos vós, sigades apoiando para que este recuncho siga adiante.

Un saúdo.

viernes, 30 de enero de 2009

UN XANEIRO COMA OS DE ANTES.


Estamos a piques de rematar un mes de xaneiro moi, pero que moi frío, un mes de xaneiro coma os de antes. Os máis vellos da comarca din que "xa fai anos que non viña un inverno con tanta neve". Pero non só a neve foi a principal protagonista destes primeiros días do 2009. Tamén tivemos a visita do vento, e da choiva. Un vento que fixo bastantes estragos non só nesta comarca senón que toda Galicia e norte de España sufriron as consecuencias destes sopros tan fortes. Nos últimos días foi a choiva quen non quixo ser menos e apoderouse da climatoloxía, facendo subir o caudal dos regatos e os ríos, nalgúns dos caos ata preocupar as xentes. A auga xa non é absorvida pola terra e corre por todolos sitios.

lunes, 26 de enero de 2009

O QUE O VENTO SE LEVOU.



O pasado venres, tivemos por todala comarca unha noite marcada polo vento. Un vento extremadamente forte que mesmo causou importantes estragos. Na estrada Castro-Monforte, tirou unha árbore que produxo que esta estivese cortada un tempo ata que foi retirado. Marquesiñas informativas derrubadas, contenedorres de basura polo chan, polas de árbores por tódolas estradas e camiños, foron os principais desperfectos, ainda que afortunadamente pola comarca Caldelá non tivemos que lamentar victimas persoais. Na Abeleda, mesmo arrincou teitos de alpendres e palleiras.

jueves, 1 de enero de 2009

FELIZ 2009


Hoxe comenzamos outro ano, e desde Cousas Cousiñas, desexovos o mellor para todos. Espero seguir compartindo con todos vós novas entradas neste blog.

Un saúdo para todos.

FELIZ ANIVOVO.