Seguidores

viernes, 1 de febrero de 2008

O ENTROIDO



Estamos en tempo de Entroido, o estrondo dos petardos, os ruídos dos Folións voltan as rúas de calquer vila galega. Tamén volta os farelos a tinguír de branco calquer recuncho dos pobos. O domingo 27 de xaneiro estiven na Pobra de Trives, era o día dos "Folions", o ruxe ruxe das xentes facíase notar polas rúas, nos balcóns, e nas fiestras.

Decenas de bombos cos correspondentes mazaricos facían reventar os tímpanos da xente que se achegou ata esta vila.
Dende fai uns anos esta tradición estase a intentar recuperar.
Moitos pobos como Chandrexa de Queixa, San Lorenzo, Manzaneda xa formaron o seu folión e xuntanse para festexar o entroido.

2 comentarios:

Bautista Sotelo dijo...

Hola Javier,
Acabo de atopar o teu blog e alégrame moito saber dun novo blogueiro. Ánimo e a seguir. Entre todos penso que estamos xerando un pouco de vida, luz e moita participación.

Javier Diéguez López dijo...

Grazas Bautista, espero poder poñer entradas cada pouco tempo, e así mostrar "cousiñas" da nosa terra e do noso arredor.
Un saúdo.