Seguidores

miércoles, 20 de febrero de 2008

OUTRO EXEMPLO DE ABANDONO.


Esta foto é outro exemplo do abandono que sofren as construcións nas que anda o clero metido por medio. Concretamente esta casa é a Abadía de Abeleda, casa onde fai anos vivía o párroco do pobo. Está rodeada de lameiros e viñas que pertencen a ela. No seu día o obispado de Ourense quixo vendela, pero o pobo opúxose xa que tiñan un proxecto moito máis esperanzador e pertencíalle máis da metade. Pretendíase contruír o Instituto da mocidade, e ofrecela como albergue, con instalacións deportivas. Pero debido á oposición do clero, o proxecto non puido seguir adiante. O que seguiu adiante foi o seu abandono e ano tras ano converteuse no agora vedes. Da casa só quedan as paredes exteriores e algo de tellado, do resto todo é cascallos e maleza.

Destes exemplos temos centos por esta zona.

Estase a perder unha gran parte do noso patrimonio rural, un rural donde nacemos a maior parte dos galegos. Esperemos que os que lles correponda, desperten dunha vez e boten unha mán ao noso pasado.

4 comentarios:

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Non hai moito tempo que descubrín esa casa e a capela do lado. Ver as trabas que continuamente a igrxa pon ó desenvolvmento do rural é indignante. No Castro había un proxecto para crear un museo na igrexa do Cima da Vila, e a igrexa opúxose porque tiña outras ideas, vai para dous anos e nada máis se soubo.

Anónimo dijo...

javier y juan estoi deacuerdo con lo qued comentais poboeiros camba alais santa eulalia y otras estan igual lapregunta es podemos hacer algo y sies asi lo que perdon porla ortografia

Anónimo dijo...

Eu no no podo asegurar, pero supoño que nestos casos haberá que facer petición por escrito o obispado de Ourense, o departamento de Patrimonio, pero non sei se eso serviría para algo. O que igual era interesante é facer unha recollida de firmas dos veciños de estas parroquias,para enviar tamén o obispado como medida de presión.
De todas maneiras, insisto, que non sei se esto pode servir de algo.
Saúdos.

Anónimo dijo...

Hola Javier, son Oscar, teu primo de Lumeares, bueno, e da Abeleda claro. Referente ao tema que comentas, coa abadía de Lumeares pasa absolutamente o mesmo, dende que marchou o cura (Don manuel) leva igual camiño. As últimas noticias que teño, é que se está a tratar co obispado para facer unha especie de cesión da casa para albergar a catro asociacions, e a cambio eles mesmos (membros das asociacions) levaran o tema de arranxo da casa. Se hai trampa.... ainda non se sabe nada, pero bueno, según vaia sabendo e se che pode servir de axuda xa che comentarei.
Un saudo.