O domingo estiven vendo as obras da nova minicentral da Electrica de Castro Caldelas, e botando unha ollada ao río descubrín esta fermosa fervenza. A pesar da pouca auga que leva o río Edo nestas datas, pódese observar unha caída de auga bastante fermosa, a de aproximadamente catro metros. Recunchos coma este deben ter un oco nas nosas retinas.
Seguro que ao longo de todo o seu percorrido o EDO agochanos moitos máis recunchos fermosos.
Habrá que descubrilos.
5 comentarios:
En primeiro lugar darche a anoraboa polo blog e pola web.
Respecto ó lugar do que falas, no que eu prefiro chamarlle Río Caldelas(xa sei a túa opinión o respeto), tiven ocasión de estar un par de veces e xa estivera hai moitos anos, e é a parte de precioso é moi accesible, porque a primeira vez que fora non vexas as aventuras que tivemos que pasar para chegar.
Ando esperando dende o vrao que veña unha boa enchenta para sacarlle unha foto, pero non hai xeito.
Saúdos
Grazas Juan. Esa fervenza con unha boa encheta ten que ser moi, moi fermosa, a ver se temos sorte e o caudal do río aumenta, xa que é moi necesaria a auga.
Un saúdo.
Unhas das miñas primeiras fotos cando merquei a cámara foron nesta fervenza cunha chea moi grande
Javier, chego ata aquí dende "Máis alá do transformador" o blog de Bautista. Non nos coñecemos pero vexo por unha foto doutro fío quen é teu pai, e a el, e toda a túa familia paterna non só a coñezo tamén a aprecio de verdade. Polo tanto, ademais de que me gusta o que fas, polo que ten de auténtico, sinxelo, ecolóxico, natural, e o tempo fermoso, desexo que sigas co mesmo entusiasmo que che intúo e moi gustosa pasarei por aquí para ver as túas novas.
Eu tamén estiven na fervenza e verdaderamente gustoume moito, e de esas cousas que non sabes casi que están ahí e cando as descubres levas unha grata sorpresa.
Noraboa polo blog.Saúdos.
Publicar un comentario