Seguidores

lunes, 24 de marzo de 2008

VOLTOU A NEVE


No domingo de resurección a neve asómase polas montañas que rodean o val da Abeleda, incluso pola noite anterior se deixou caer na mesma Abeleda. É a primeira vez neste ano que estas cumes aparecen tinguidas do manto branco que tanto lle gusta á xente, e sobre todo aos máis pequenos. No momento da foto non puiden sacar o Castro, xa que a néboa impedíamo. Foi unha nevada pasaxeira, ao mediodía xa non quedaba nin un só copo de neve no chan. Esperemos que non sexa a única nevarada do ano, xa que estes fenómenos son os que verdadeiramente sacian os mananciais de auga, que nestas datas aínda están algo escasos.

sábado, 8 de marzo de 2008

NOVOS USOS


O antes servíalles aos nosos antepasados para o traballo diario, agora estámolo utilizando para decorar os nosos xardíns. O carro que antes levaba leña, herba e monte agora descansa reacondicionado nos nosos xardíns, mirando pasar o tempo e sen moverse nin tan só un metro.

Este exemplo da foto, descansa na aira da Adega do Algueira en Doade.


miércoles, 5 de marzo de 2008

UNHA IMAXE DO TEMPO


Recordos que nos quedan nas nosas aldeas, pobos, vilas. Raro é a aldea en Galicia onde non queden recunchos como iste. Casas que sobreviven ao tempo sen que ninguén as coide, loitando contra a humidade, o frío, as termitas, e ata pequenos sismos. Un exemplo máis dos "grandes" arquitectos que eran os nosos antepasados. Esta imaxe, corresponde o barrio de (O Outeiro) na Abeleda.

miércoles, 20 de febrero de 2008

OUTRO EXEMPLO DE ABANDONO.


Esta foto é outro exemplo do abandono que sofren as construcións nas que anda o clero metido por medio. Concretamente esta casa é a Abadía de Abeleda, casa onde fai anos vivía o párroco do pobo. Está rodeada de lameiros e viñas que pertencen a ela. No seu día o obispado de Ourense quixo vendela, pero o pobo opúxose xa que tiñan un proxecto moito máis esperanzador e pertencíalle máis da metade. Pretendíase contruír o Instituto da mocidade, e ofrecela como albergue, con instalacións deportivas. Pero debido á oposición do clero, o proxecto non puido seguir adiante. O que seguiu adiante foi o seu abandono e ano tras ano converteuse no agora vedes. Da casa só quedan as paredes exteriores e algo de tellado, do resto todo é cascallos e maleza.

Destes exemplos temos centos por esta zona.

Estase a perder unha gran parte do noso patrimonio rural, un rural donde nacemos a maior parte dos galegos. Esperemos que os que lles correponda, desperten dunha vez e boten unha mán ao noso pasado.

viernes, 15 de febrero de 2008

NATUREZA CALDELÁ


O domingo estiven vendo as obras da nova minicentral da Electrica de Castro Caldelas, e botando unha ollada ao río descubrín esta fermosa fervenza. A pesar da pouca auga que leva o río Edo nestas datas, pódese observar unha caída de auga bastante fermosa, a de aproximadamente catro metros. Recunchos coma este deben ter un oco nas nosas retinas.

Seguro que ao longo de todo o seu percorrido o EDO agochanos moitos máis recunchos fermosos.

Habrá que descubrilos.

martes, 5 de febrero de 2008

O ESPELLO DO SIL







Sorprendeume a tranquilidade das augas. Estabamos coa barca no Sil a altura dos "Váles", onde facía tempo estiveron agachados os membros da guerrilla do Mario. Apagamos o motor para que acougasen as ondas que facíamos, esperamos a que sen voltasen a tranquilizar. A imaxe era espectacular. Decidín sacar a cámara e fotografiar ese momento. O resultado é esta foto. Unha posta de sol do máis fermoso.

"DERROCHE" DE SON.


O cuarteto de musica rock ourensán "Derroche", estase a facer un oco entre os grupos destacados da provincia. Están apostando forte e estalles a sair moi ben. Dous dos seus integrantes, o Cantate e guitarrista "Borja" e "Manuel" o outro guitarrista, son de Abeleda, aínda que actualmente viven en Ourense e Trives respectivamente. No último verán xa actuáron nas Festas de Santa Tegra, en Abeleda, e nas festas do barrio da Ponte, en Ourense entre outras moitas actuacións. A foto corresponde o concerto nas "Festas da Luz" en Santa Tegra. Dende aquí o meu máis sincero parabén e moita sorte no voso longo camiñar.