Seguidores

lunes, 24 de marzo de 2008

VOLTOU A NEVE


No domingo de resurección a neve asómase polas montañas que rodean o val da Abeleda, incluso pola noite anterior se deixou caer na mesma Abeleda. É a primeira vez neste ano que estas cumes aparecen tinguidas do manto branco que tanto lle gusta á xente, e sobre todo aos máis pequenos. No momento da foto non puiden sacar o Castro, xa que a néboa impedíamo. Foi unha nevada pasaxeira, ao mediodía xa non quedaba nin un só copo de neve no chan. Esperemos que non sexa a única nevarada do ano, xa que estes fenómenos son os que verdadeiramente sacian os mananciais de auga, que nestas datas aínda están algo escasos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

O outro dia vin no telediario o Guadalquivir prácticamente seco ó seu paso por Córdoba. A veces, cando estamos de vacacións, fastídianos que chova ou que neve, sobre todo se temos que coller o coche, pero esta auga é taaaaaaaaaaannnnnnnnnnnn necesaria... Eu firmaba por unha semana chovendo sen parar.