Seguidores

lunes, 21 de abril de 2008

A PRIMEIRA ANDAINA DE MONTERRAMO, PASADA POR AUGA.


A primeira andaina polo concello de Monterramo, celebrada este fin de semana, estivo marcada pola mala climatoloxía. Choiva, vento e ata neva nas cotas máis altas estiveron presente a longo do percorrido. As duras condicións climatolóxicas obrigaron a atender a varias persoas por hipotérmia ao longo da proba, aínda que por contra, os camiñantes puideron gozar dunha paisaxe impresionante no percorrido previsto polo Concello de Montederramo, organizador da andaina. Ademais, ao chegar a meta, os participantes puideron degustar un caldo quente, seguido de empanada, "perritos calientes" e bica, todo iso, do mesmo xeito que os avituallamentos, ofrecido polo Inorde, que colaborou no feliz desenvolvemento do evento deportivo.

Os participantes inscritos eran sobre uns 400 dos cales só tomaron a saída aproximadamente 200. Pódese decir que o evento foi un éxito, tendo en conta o mal tempo que vai estes días.

jueves, 17 de abril de 2008

RETRATO DO PASADO


Nesta imaxe o autor quere mostrar o paso do tempo na cultura do viño, un tempo que deixou atrás os cestos, e as cubas de madeira de carballo e deu paso aos tractores, e ao aceiro nas labores vitivinícolas. Como non; na Ribeira Sacra e a pesar da súa orografía, antigos apeiros de labranza deixan o paso ás novas maquinarias e tecnoloxías.

Esta fotografía é un vivo retrato do pasado, un pasado que aínda perdura nalgún recuncho de todolos pobos e aldeas da Ribeira Sacra.

Os cestos pasaron de ser unha ferramenta moi usada na vida dos nosos antergos, a decorar as airas das casas, ben facendo de xardineiras ou ben penduradas das paredes de pedra.

miércoles, 2 de abril de 2008

ACCIDENTE NO SIL

Un empresario ourensán, Francisco Javier Igrexas, de 50 anos, faleceu onte ao saírse o seu coche da estrada LU-903, que enlaza Castro Caldelas e Monforte, e precipitarse por un terraplén duns 100 metros ata caer ao río Sil. O propietario de neumáticos Susan, situado na rúa Bonhome da cidade, faleceu no acto. Un equipo de mergulladores da Garda Civil rastrexou o río durante máis de catro horas ante a sospeita de que no automóbil, un Renaul Express, viaxaba outra persoa. O accidente tivo lugar uns 500 metros antes da Ponte do Sil.

miércoles, 26 de marzo de 2008

A RIBEIRA DO SIL


Nestas ladeiras, nace e críase un dos mellores tintos de Galicia, "O Amandi". Regadas polas augas do Sil e o tan especial microclima da zona, fan destas terras un lugar inmellorable para a colleita da uva. Os viñedos formados polos socalcos de pedra facilitan a maduracion da uva para a obtención de tan prezado mencía da Ribeira Sacra.

lunes, 24 de marzo de 2008

VOLTOU A NEVE


No domingo de resurección a neve asómase polas montañas que rodean o val da Abeleda, incluso pola noite anterior se deixou caer na mesma Abeleda. É a primeira vez neste ano que estas cumes aparecen tinguidas do manto branco que tanto lle gusta á xente, e sobre todo aos máis pequenos. No momento da foto non puiden sacar o Castro, xa que a néboa impedíamo. Foi unha nevada pasaxeira, ao mediodía xa non quedaba nin un só copo de neve no chan. Esperemos que non sexa a única nevarada do ano, xa que estes fenómenos son os que verdadeiramente sacian os mananciais de auga, que nestas datas aínda están algo escasos.

sábado, 8 de marzo de 2008

NOVOS USOS


O antes servíalles aos nosos antepasados para o traballo diario, agora estámolo utilizando para decorar os nosos xardíns. O carro que antes levaba leña, herba e monte agora descansa reacondicionado nos nosos xardíns, mirando pasar o tempo e sen moverse nin tan só un metro.

Este exemplo da foto, descansa na aira da Adega do Algueira en Doade.


miércoles, 5 de marzo de 2008

UNHA IMAXE DO TEMPO


Recordos que nos quedan nas nosas aldeas, pobos, vilas. Raro é a aldea en Galicia onde non queden recunchos como iste. Casas que sobreviven ao tempo sen que ninguén as coide, loitando contra a humidade, o frío, as termitas, e ata pequenos sismos. Un exemplo máis dos "grandes" arquitectos que eran os nosos antepasados. Esta imaxe, corresponde o barrio de (O Outeiro) na Abeleda.