Seguidores

martes, 2 de diciembre de 2008

UNHA FIN DE SEMAN PASADA POR NEVE


Novembro despídese das nosas terras cun gran manto branco nas zonas máis altas. O venres 28 xa case me quedo tirado no Alto do Rodicio, unha gran nube de neve deixábase caer a iso das 22.00 horas. Con moita pacienda e moi paseniñamente puiden chegar á miña casa. Unha vez nela, só desexaba que seguise caindo neve toda a noite, coa esperanza de que houbese unha gran nevarada polo menos no Castro, xa que na Abeleda raramente temos a visita deste fenomeno. Pero o frío que facía e algun que outro copo que se desprendía facía ter algunha esperanza. Á mañá seguinte nada máis espertar o primeiro que fixen fói mirar para os tellados, a decepción veu sobre min. Saín á galería da miña casa e virei a cabeza cara o Castro, velo de cor branca nos tellados e árbores curou un pouco a miña decepción anterior. Gústame a neve, como podedes apreciar, e cerca do mediodía entre varíos collemos un todoterreo e dirixímonos rumbo á neve. Logramos subir pola estrada de Rabal ata o cruce de Fitoiro, alí dicimos parar e gozar de tan inmensa nevarada. Sacamos o metro e na estrada o espesor da neve roldaba os 25 cms. Pareciamos uns meniños gozando e xogando.

No hay comentarios: