Noite do 15 agosto, o astro lunar asómase entre as montañas do Castro e do Sobredo. Aos poucos vai subindo cun lento camiñar debuxando cada vez máis a silueta da vila do Castro. Segundo pasan os minutos perfílase moito máis o maxestoso castelo e a igrexa de Santa Isabel. Realmente un espectáculo digno de contemplar. Parece a típica escena das películas de terror cando as cámaras enfocan alá de lonxe o temido castelo.
3 comentarios:
Non sei se será o mesmo pero o 17 no castro había unha lúa...
O 17 non o puiden comprobar, xa que non estaba. Esa foto e seguro do 15.
Un saúdo.
moi boa
Publicar un comentario