Seguidores

viernes, 18 de julio de 2008

VOLTARÁN AS FESTA A ABELEDA?


O pasado fin de semana oín rumores de que o 14 e 15 de Agosto, abrá festa na Abeleda. O 14 con un dúo e o 15 ca Charanga de Trives. Dende logo que non voltarán a ser as festas que se facian fai anos, pero... mellor que nada... algo é algo. Dende logo todo sabedes que son unhas datas moi compricadas para facer festas nos pobos, hai moitas localidades por toda España en festividade, e as orquestras sabeno moi ben e por eso aumentan os prezos por triplicado. Se a esto lle sumamos que a xente no pobo vai a menos, e a gran maioria pasan dos 65, e non se sinte animados para bailar, resulta moi dificil xuntar os cartos. Asi que, temonos que conformar con pouco.
Cando teña mais novas xa as irei contando.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Os cartos son importantes, pero máis importante é que a xente axude, teña ideas e participe. Tedes o voso lado a Santa Tegra, con menos veciños ainda ca Abeleda, tomade exemplo. Máis ainda si tedes unha Asociación Cultural ou Xuvenil, supoño que será para traballar? A Asociación Cultural de Santa Tegra teño coñecemento que traballan os socios todos os sabados do ano, ben preparando a Festa da Luz, ben restaurando unha casa que mercaron, ben limpando camiños, ben en reunións a nivel provincial e rexional con outras asociacións, etc. todo é propoñerse facer algo. A mín gostaríame que houbese Festa do Quince na Abeleda, e que non vos pillen a data outros como están a facer. Un saúdo.

Javier Diéguez López dijo...

Non cabe dubida algunha que tes toda a razón. A nosa asociación acaba de crearse, e estamos empezando. Con respecto a xente, ese e outro gran problema que temos neste pobo, creo que estamos todos moi cómodos e non queremos mover nin un só dedo. Moitas grazas "anónimo" polo teu comentario.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Pois mira que che trae manía este co de pillar as datas. As datas non son de ninguén e cada un ten que arreglarse como mellor poida. E por certo, dádelle algo de tempo os da Abeleda para que se organicen e lle empece a funcionar a asociación que as cousas as veces non van tan rápido como se quixera.