Sorprendeume que aínda perdure nestes tempos este oficio. Paseando pola praza Maior de Ourense, teñome encontrado no mesmo lugar que mostra esta foto a un limpabotas. Un dos moitos oficios que esta a desaparacer, ainda que co estrés e prisas na que a sociedade está metida, logo non temos tempo nin para limpar os nosos zapatos. De seguir así pode ser un oficio que volva a rexurdir.
1 comentario:
Para min un dos tres personaxes dos que recordo de cando era pequena en Ourense. Os outros dous, como non, O Afiador e o Sereno.
Publicar un comentario