De supeto atopeime con este animaliño, ainda non sabía voar, abría e pechaba as ás pero non chegaba a voar. Debía facer pouco que acabara a súa transformación.
Colleume de improvisto e só puden tirar de móvil para poder sacarlle algunhas fotos. Una delas e esta.
Seguidores
martes, 24 de julio de 2012
martes, 17 de julio de 2012
CRÍA DE ANDURIÑAS (GOLONDRINAS)
Sabía que tiñan que ter cria, non paran de sair e entrar os pais uns trans outros. Estiven observando durante un tempo e puiden escoitar que o chegar ca esperada comida eles piaban. Puxenme en acción, collin unha escada e alí me subín coa reflex, a seis metros de altura. Tiña algo de medo que me os pais puidesen verme e deixar abandonado o niño. Cando cheguei xunto a eles descubrin que eran catro, catro paxariños con moitas gañas de comer. Molesteinos un pouco co flash, non moito tempo porque podían voltar os seus pais. Ainda así pillaronme cas maos na masa pero parece que non lles importou. Revolotearon arredor miña un anaco pero o final todo seguiu igual. Este e o resultado.
martes, 10 de julio de 2012
RETRATO TRAS UN DÍA NUBRADO
Pido perdón por este parón obrigado, e non poder atender os vosos blogs, pero dúas grandes razóns me apartaron durante estes días. A primeira o tempo, son datas de vacacións e estamos a metade de persoal na empresa, que a pesar dos tempos que corren seguimos tendo bastante traballo. A segunda, foi un virus que me paralizou por completo o ordenador. Por sorte e grazas as copias de seguridade non perdin ningunha información.
Emprendo de novo a andaina con esta foto, sacada unha mañá moi nubrada e bastante escura.
Edificio do colexio dos Escolapios en Monforte de Lemos. (LUGO).
domingo, 24 de junio de 2012
BROTES PARA O CEO
Ben é sabido que a primavera e unha fonte de vida, e esta árbore despois de unha poda, empeza a crear unhas nóvas polas donde se apoiaran os páxaros para descansar dos seus vós.
jueves, 14 de junio de 2012
DENDE O MURO DO EMBALSE
En tempos de seca, e con moita menos auga nos encoros, sempre son unha boa opción para unha tarde de pesca, e mentres esta parella se adicaba a tirar a cana, alguén dende o muro da presa se adicaba a tirarlle fotos. Esta é unha deles.
viernes, 1 de junio de 2012
PECHADURA DE MADEIRA
Feita nos tempos antigos, ainda perduran nos tempos actuais. Non lles fai falla aceite nin graxa para poder abrilas, un método moito máis anfestro pero moi eficaz.
lunes, 21 de mayo de 2012
NATUREZA EN EQUILIBRIO
A veces a natureza sorprendenos coas miles de formas que ten. Neste caso este pedrusco mantense en perfecto equilibrio sobre outros. Mesmo parece que pode caer pero podémonos subir tranquilamente a él que nin se move.
Neste caso tiro de arquivo e poño esta foto sacada coa cámara dun Nokia C7. De ahí que a calidade da imaxen non sexa toda o bon que eu desexaba.
Teréi que repetir andaina pola Serra de Queixa coa cámara para poder volver a fotografíala.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


