Sen tempo para sacar fotos, sen tempo para actualizar este blog y sobre todo sen tempo para comentar os vosos blogs. A veces dan ganas de abandonar este proxecto pero, pensando ben, ainda que non poda estar a aquí todo o tempo que quero, sigo adíante con este espazo.
Nesta entrada tiro de fotos de estudio e adicollo ao meu sobriño Izan que entrou no seu décimo mes, e xa empeza a dar os seus primeiro pasiños. Moitos biquiños.
Seguidores
martes, 6 de diciembre de 2011
domingo, 20 de noviembre de 2011
TRAS A FIESTRA, UN DÍA DE CHOIVA.
Tras uns días moi axetreados, viaxe para un lado, viaxe para outro, sen tempo de atender este espazo, esta fin de semán marcada pola eleccións xerais, permitome un descansiño nunha aldea galega. E dende logo podo aproveitar para subir esta foto.
lunes, 31 de octubre de 2011
PONTE EN DESHUSO
Sigo sen entender algunhas inversións que se fan neste pais. Esta ponte non parecer ter moito tempo, non o sei verdadeiramente, pero o caso e que o estado actual é en deshuso. A escasos metros fixeron outra máis alta e moito máis fea, para sustituila.
Ahora nesta entrada pido perdón por ter os comentarios de tódolos vosos blogs desatendidos, pero estiven de viaxe de traballo e non tiven tempo de poder atender os blogs que sigo. Intentaréi poñerme ao día cos comentarios. Un saúdo a todos e mil disculpas.
Ahora nesta entrada pido perdón por ter os comentarios de tódolos vosos blogs desatendidos, pero estiven de viaxe de traballo e non tiven tempo de poder atender os blogs que sigo. Intentaréi poñerme ao día cos comentarios. Un saúdo a todos e mil disculpas.
martes, 18 de octubre de 2011
FROITO OUTONAL.
Si.. xa empezan a caer, pese a sequía que esta a caer aquí, estes froitos outonales xa empezan a descolgarse dos castiñeiros. Non hai dende logo a colleita que adoita haber nos soutos Caldelaos, pero non cabe dúbida algunha de que é unha castaña de moita calidade.
martes, 11 de octubre de 2011
OLDSMOBILE
Dende pequeno tiña visto este coche rondar no verán pola estradas do meu pobo. Nunca me tivera fixado na marca, que por certo un tanto peculiar. Oldsmobile. Estivo un tempo sen ser sacado a pasear, pero este agosto volvín a cruzarme con el. Por sorte levaba a cámara conmigo e puden sacarlle unha instantáneas.
lunes, 3 de octubre de 2011
ARTE ROMANO
Na entrada do castelo de Castro Caldelas (Ourense), mostrase unha catapulta antiga. Seguro que algún día a utilizaron para a defensa do castelo. Esta foto é un detalle da roda que faí anos movia este apararello dun lado para o outro.
miércoles, 21 de septiembre de 2011
ANCLANDOME DE NOVO
Bueno, xa estou de regreso, acabaronse a vacacións, ahora toca pensar en traballar e seguir con este espazo. Ainda me estou colocando, espero poder poñerme o día cos comentarios. De momento vou subindo algunha fotiño.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





