Seguidores

domingo, 28 de noviembre de 2010

PLUMAXE

Despois de estar uns días desaparecido deste mundo, pído perdón por non poder entrar nos blogs que sigo e por non poder subir fotografías.

Vou estar unha temporada entrando moi pouco  neste e noutros blogs de fotografía.
Espero poder estar moi pronto con todos vós.

domingo, 14 de noviembre de 2010

PAISAXE OUTONAL CON ARCO DA VELLA

Decidín saír a dar un paseo polos arredores do meu pobo coa cámara a costas. Estaba un día para chover pero tamén ía sol, levaba en mente poder captar o arco da vella que saía a veces. De supeto nun momento no que o sol e a choiva volveron a coincidir logrei sacar esta imaxen.

domingo, 7 de noviembre de 2010

VERDE QUE TE QUERO VERDE

Detrás dos paseos outonais están innumerables fotografías que a natureza nos deixa. Normalmente con un varíado colorído... pero nesta imaxe logrei que predominase o verde con diferentes tonalidades pero case toda verde.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

PRECIOSIDADE ANTIGA.

É todo un luxo que hoxe en día aínda se conserven algúns destes vehículos. Poucos se poden ver agás en esposicións ou eventos, pero de vez en cando a nosa mirada queda sorprendida por estas maravillas.

martes, 26 de octubre de 2010

VERMELLO

Paseando pola cidade de Oporto atopeime con este kiosco tan peculiar, con rasgos das construccións chinas (ou eso a min mo parece) e  pintado de cor vermella facendo xogo coas letras do luminoso da farmacia da esquina. 
Despois de uns pequenos e rápidos xogos de photoshop, esto é o resultado.

viernes, 15 de octubre de 2010

PENDURADA DO CEO

Xogando coa perpestiva e o enfoque logrei pendurar este farol no ceo. É a máxia da fotografía.

martes, 5 de octubre de 2010

PONTE MILENIUM

Rebuscando no meu arquivo, atopei esta foto sacada coa miña primeira cámara dixital, unha Kodak que se me estropeu cando me caíu ao chan  dende unha mesa. Era o meu principio neste mundo da fotografía. Hoxe vendo esta imaxe solo podo pensar que saíu de casualidade e con moita sorte.