Seguidores

lunes, 17 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS

Non sei si cerrarei o ano con esta fotografía, pero... o que si quero facer e felicitar estas festas a todos vós. A todos os que me seguides, a todos os que me visitades e sobre todo..... a todos vós que perdedes un ratiño do voso tempo en comentar a miñas fotografías. A TODOS VOS FELIZ NADAL. // A TODOS VOSOTROS FELIZ NAVIDAD.


domingo, 9 de diciembre de 2012

FIN DA TEMPADA?

Xa se empezan a ver poucos, cada vez menos, será que se termina a tempada?. Bueno aquí queda unha mostra dun paseo outonal, non son comestibles, pero si que son moi fermosas.

domingo, 25 de noviembre de 2012

PANORAMICA OUTONAL

Panorámica nun día de outono dunha das montañas que rodean o meu pobo, situado na Ribeira Sacra Ourensá.

sábado, 10 de noviembre de 2012

IZAN

O meu sobriño. ¡Que difícil sacarlle fotos a este "terremoto"!!!!! Pero bueno con paciencia algunha sempre sae. Este é un pequeno agasallo de cumpleanos que estar a caer. 2 ANIÑOSSS. Un biquiño.

sábado, 27 de octubre de 2012

NATUREZA INERTE

Unha foto expontánea, disparando co movil, desde un coche e en movemento, xogando a ver que saía, despois recortando as partes que non se aproiventaban o resultado fói este. Unha mostra de natureza inerte nunha tarde de outono na Ribeira Sacra. (Por certo non ía conducindo eu je je.)

lunes, 22 de octubre de 2012

A ÚLTIMA BARREIRA

Sempre se nos presentan barreiras, algunhas máis difíciles de superar que outras pero sempre, sempre habrá unha última.

viernes, 12 de octubre de 2012

ANOITECER NA SERRA DE QUEIXA

Non sempre levamos a Reflex con nós, pero por sorte cada vez son mellores as cámaras que incorporan os nosos móbiles.  Sempre son garantía de que si se presentan situacións que merecen a pena pararse e sacar unha foto só tes que meter a mán no bolsillo do pantalón, chaqueta etc... e improvisar cos nosos móbiles. Esta é unha de esas fotos.
Dedicada a todos os seguidores que cada día perdedes un tempo escribindo os comentarios que tanto axudan a manter este blog activo. Moitas Grazas.

jueves, 4 de octubre de 2012

MIRADOR PENAS DE MATACÁS.

Como non.... non podía faltar fotos da miña terra, a Ribeira Sacra Ourensá que tantos espacios ten escondidos para mostrar os viaxeiros. Cada ano son centos e centos de visitantes que veñen a disfrutar desta paraxe, e espero que este número siga en aumento. Deixo esta foto do mirador das "Penas de Matacás", na aldea de Paradela, concello de Castro Caldelas. Espero que vos guste.

sábado, 29 de septiembre de 2012

NACENDO NUN MUNDO VERDE

Ahi estaba, abrindo a súa vida nun mundo rodeada de cor verde.

viernes, 14 de septiembre de 2012

FIN DA PARADA

Algo máis tarde do previsto, regreso o mundo do blog. Foi unha parada larga para desconectar un pouco. Ahora toca novo curso, tanto en traballo como nos hobbyes, e para que todo vaia sobre rodas.... que mellor que empezar con unha imaxen dunha roda. Un saúdo a todos de novo. En breve esterarei poñendome o día con todos os vosos blogs.

jueves, 2 de agosto de 2012

UN DESCANSIÑO

Paradoxicamente nos tempos que estamos eu son un dos poucos afortunados que teño bastante traballo e non teño data exacta de cando podo coller as vacacións. No que sí me pegarei un descansiño e neste blog, no cal  estarei desconectado neste mes de agosto. Tamén deixarei un pouco de lado os comentarios nos blogs de todos vós os meu compañeiros que sigo habitualmente. Cando volva tentarei de poñerme ao día nos comentarios. Un saúdo e desfrutade das vosas vacaciones.

martes, 24 de julio de 2012

LISTA PARA VOAR

De supeto atopeime con este animaliño,  ainda non sabía voar, abría e pechaba as ás pero non chegaba a voar. Debía facer pouco que acabara a súa transformación.
Colleume de improvisto e só puden tirar de móvil para poder sacarlle algunhas fotos. Una delas e esta.

martes, 17 de julio de 2012

CRÍA DE ANDURIÑAS (GOLONDRINAS)

Sabía que tiñan que ter cria, non paran de sair e entrar os pais uns trans outros. Estiven observando durante un tempo e puiden escoitar que o chegar ca esperada comida eles piaban. Puxenme en acción, collin unha escada e alí me subín coa reflex, a seis metros de altura. Tiña algo de medo que me os pais puidesen  verme e deixar abandonado o niño. Cando cheguei xunto a eles descubrin que eran catro, catro paxariños con moitas gañas de comer. Molesteinos un pouco co flash, non moito tempo porque podían voltar os seus pais. Ainda así pillaronme cas maos na masa pero parece que non lles importou. Revolotearon arredor miña un anaco pero o final todo seguiu igual. Este e o resultado.

martes, 10 de julio de 2012

RETRATO TRAS UN DÍA NUBRADO


Pido perdón por este parón obrigado, e non poder atender os vosos blogs, pero dúas grandes razóns me apartaron durante estes días. A primeira o tempo, son datas de vacacións e estamos a metade de persoal na empresa, que a pesar dos tempos que corren seguimos tendo bastante traballo. A segunda, foi un virus que me paralizou por completo o ordenador. Por sorte e grazas as copias de seguridade non perdin ningunha información.

Emprendo de novo a andaina con esta foto, sacada unha mañá moi nubrada e bastante escura.
Edificio do colexio dos Escolapios en Monforte de Lemos. (LUGO).

domingo, 24 de junio de 2012

BROTES PARA O CEO


Ben é sabido que a primavera e unha fonte de vida, e esta árbore despois de unha poda, empeza a crear unhas nóvas polas donde se apoiaran os páxaros para descansar dos seus vós.

jueves, 14 de junio de 2012

DENDE O MURO DO EMBALSE


En tempos de seca, e con moita menos auga nos encoros, sempre son unha boa opción para unha tarde de pesca, e mentres esta parella se adicaba a tirar a cana, alguén dende o muro da presa se adicaba a tirarlle fotos. Esta é unha deles.

viernes, 1 de junio de 2012

PECHADURA DE MADEIRA

Feita nos tempos antigos, ainda perduran nos tempos actuais. Non lles fai falla aceite nin graxa para poder abrilas, un método moito máis anfestro pero moi eficaz.

lunes, 21 de mayo de 2012

NATUREZA EN EQUILIBRIO


A veces a natureza sorprendenos coas miles de formas que ten. Neste caso este pedrusco mantense en perfecto equilibrio sobre outros. Mesmo parece que pode caer pero podémonos subir tranquilamente a él que nin se move.

Neste caso tiro de arquivo e poño esta foto sacada coa cámara dun Nokia C7. De ahí que a calidade da imaxen non sexa toda o bon que eu desexaba.

Teréi que repetir andaina pola Serra de Queixa coa cámara para poder volver a fotografíala.

viernes, 11 de mayo de 2012

CRUCEIRO

Sigo, coas fotos sacadas coa cámara do Samsung Galaxy SII, a verdade que dá moito máis movilidade e sempre tes unha cámara con unha calidad bastante aceptable a mán. Así podo aproveitar momentos fotográficos cando antes non dispoñía de oportunidades para facelos.


Hoxe atopeime con este cruceiro no camiño, alí estaba medío agochado entre a arboreda do xardín dunha casa-pazo.

jueves, 3 de mayo de 2012

ESPERANDO A SER QUEIMADOS

Esta é unha proba da cámara da miña nova adquisición. Un Samsung Galaxy S II, que a parte de ser un Smartfhone tamén ten unha cámara moi aceptable.

Estes troncos de madeira almacenados para ser queimados no vindeiro inverno, para facer máis agradables as baixas temperaturas invernais da Serra de Queixa, na provincia de Ourense.

viernes, 20 de abril de 2012

SOLITARIA CABAÑA

Estas casetas, ou cabañas, utilizanse nesta zona da Ribeira Sacra para gardar os aparellos da labranza dos viñedos. Algunha delas a través do seu teito recollen a auga da choiva para dar os tratamentos necesarios as vides.
Hoxe só teño tempo de facer unha nova entrada, volvo andar un pouquiño liado, prometo pasar polos vosos blogs a comentar. Espero de ter un pouco de tempo este fin de semana. Un saúdo.

jueves, 12 de abril de 2012

FROR E AVESPA OU AVESPA E FROR

Xa empezan a estar as frores en pleno explendor, o polen xa serve de alimento dos insectos, e os insectos xa fan de medio polenizador. Esto é a primaveira.

miércoles, 11 de abril de 2012

PREMIO LIEBSTER


Fái uns días recibín este premio de parte de ATENEA de "UNA IMAGEN, UNAS PALABRAS", creo que todos os blogueiros que formamos esta comunidade a coñecemos. Agradezolle de todo corazón que se fixase e acordase de mín, cando neste mundo hai centos de blogs con fotos moito mellores cas miñas. Desde esta entrada ofrezcolle o meu máis senceiro agradecemento.

Ahora tocame a dura tarefa de elexir os 5 blogs, que van seguir ca cadea. Si fóra por mín dariao  a todos porque todos o merecen pero as normas son as normas.

DAVID B. BUSTOS  de David.
NATURALEZA NATURALMENTE de Marce.
HUELLAS EN MI RETINA de Joaquín.
FOTO FILATELIA de Luis.
CUANDO ABRO MI VENTANA de Ancalpe.

Éstas son as normas:


1- Copiar e pegar o premio no blog e enlazar a  persoa que o otorgou.

2- Otorgalo a 5 bloggers favoritos que teñan menos de 200 seguidores  e deixarlles un comentario no seu blog de maneira que sepan que recibiron o premio.

martes, 3 de abril de 2012

ENTRE AS ÁRBORES

Esta foto non foi feita nunha visita pre-meditada, pasaba por ese lugar cando estaba traballando, e decidín facer unha paradiña para sacarlle a foto. Alí estaba agochadiña entre árbores, herguendose maxestuosa e desafiante ata o ceo.

lunes, 26 de marzo de 2012

TERRA, MAR E CEO

Un paseo moi tranquilo ao lado dunha praia valeira, con un ceo algo encrespado e o mar en calma, os chíos das gaivotas... ufffff que relax.

martes, 20 de marzo de 2012

SOLITARIA

Un domíngo, ahí estaba amarrada no pantalán, sola..... o único que a molestou foron os disparonda miña cámara.

sábado, 3 de marzo de 2012

A RAIÑA DAS BARQUIÑAS

Si si xa o sei, teño o  meu blog, e sobre todo os comentarios hacia os vosos blogs moi abandoados. Teño que decirvos que a falta de tempo libre estase apoderando de mín, non teño case tempo de entrar nesta fermosa comunidade que formamos de blogs foteiros, pero si que vos podo decir e prometer que cada segundo que podo conectarme e comentar o fago. Por eso solo vos podo pedir mil perdons por ter algo "abandonado" esta familia que formamos. Estou tirando de arquivo así que... vos deixo esta foto donde a gaivota parece que se fai dona das barcas.

martes, 24 de enero de 2012

VIXIANTE DA PRAIA

Parece que esta gaivota se sinte a vixiante da praia. Pousouse no máis alto para poder ter unha mellor panorámica. A verdade é que a paixase merece ser contemplada.

jueves, 12 de enero de 2012

LANZADE AMARRAS

Sempre e bó un alto no camiño, un descanso. E para que o noso barco non se marche a deriva lanzamos amarras por uns días. Espero que vos guste a foto.

lunes, 2 de enero de 2012

EMPEZAMOS O 2012

Bueno compañeiros blogueiros, sen tempo para felicitar estas festas ata hoxe, empezo o 2012 con unha foto autovilistica para que este ano que comenzamos nos marche sobre rodas a todos. Desexo que a todos vós este ano veña cargado de felicidade, e unha morea de cousas boas. Por suposto tamén lle pido que sigades subindo a vosas maravillosas fotos e un pouquiño de máis tempo libre para adicarme a fotografía e a este espazo que últimamente teño tan abandonado. Esta entrada é para todos vos, os que ledes as miñas publicacións os que sodes seguidores... FELIZ ANO 2012. Un saúdo moi forte para todos.