Seguidores

viernes, 26 de diciembre de 2008

FOTOS DA NEVARADA







A pasada nevarada deixou fotos fermosas por todolos recunchos da bisbarra. Estas fotos foron sacadas en Chandrexa de Queixa. Despois de sacalas aínda caiu moitisima máis neve.

lunes, 22 de diciembre de 2008

BON NADAL A TODOS.


Dende este espazo que comparto con todos vos, quero felicitarvos o Nadal que esta a piques de chegar. Desexarvos unhas felices festas e un vindeiro ano cargado de felidade e bondade para todos, e que Papa Noel e o Reis magos, veñan cargados de moitos regalos para todos, porque seguro que fostedes moi bos durante todo o ano.

FELICES FESTAS.

martes, 2 de diciembre de 2008

UNHA FIN DE SEMAN PASADA POR NEVE


Novembro despídese das nosas terras cun gran manto branco nas zonas máis altas. O venres 28 xa case me quedo tirado no Alto do Rodicio, unha gran nube de neve deixábase caer a iso das 22.00 horas. Con moita pacienda e moi paseniñamente puiden chegar á miña casa. Unha vez nela, só desexaba que seguise caindo neve toda a noite, coa esperanza de que houbese unha gran nevarada polo menos no Castro, xa que na Abeleda raramente temos a visita deste fenomeno. Pero o frío que facía e algun que outro copo que se desprendía facía ter algunha esperanza. Á mañá seguinte nada máis espertar o primeiro que fixen fói mirar para os tellados, a decepción veu sobre min. Saín á galería da miña casa e virei a cabeza cara o Castro, velo de cor branca nos tellados e árbores curou un pouco a miña decepción anterior. Gústame a neve, como podedes apreciar, e cerca do mediodía entre varíos collemos un todoterreo e dirixímonos rumbo á neve. Logramos subir pola estrada de Rabal ata o cruce de Fitoiro, alí dicimos parar e gozar de tan inmensa nevarada. Sacamos o metro e na estrada o espesor da neve roldaba os 25 cms. Pareciamos uns meniños gozando e xogando.

jueves, 13 de noviembre de 2008

MOITA ASISTENCIA NO MAGOSTO


Este ano batironse todos os records, de asistencia no magosta da Abeleda con respecto os anos anteriores. Calculabanse preto de 150 persoas, pero asistiron preto de 180. A carpa quedouse pequena, e os máis tardóns tiveron que comer fora. Sorte tiveron que non choveu. Ata a praza achegaronse xente de diversos puntos xeográficos: do Castro, Monforte, A Teixeira, A Coruña, Maside, Laxe, veciños que viven en Madrid, Asturias e incluso dende Zaragoza, todo para pasar un rato entre os amigos e veciños. De menú comemos, empanada, churrascada, xamón asado, polo asado, de poste bica "O Forno", e as tradicionais castañas, sempre acompadas de viño da Ribeira Sacra, licor café e licor de herbas.




Ummmm, solo de pensalo dan gañas de repetir. Bueno, agora solo nos queda pensar no magosto do vindeiro ano.

jueves, 6 de noviembre de 2008

RUTA DE CABALOS NA ABELEDA.


O vindeiro domingo, 9 de Outubro, haberá a segunda rota de cabalos na Abeleda. Unha ruta organizada pola Adega Cachín. A primeira ruta, fixérase hai preto de dous anos, e participaran uns 30 cabalos.

Este ano prevese que asistan máis de 50 cabalos cos seus respectivos xinetes. Esperamos que o tempo nos axude para poder disfrutar dos nosos "amigos" os cabalos. Despois de facer todo o percorrido, os xinetes comerán no restaurante "Casa Lelo", tamén na Abeleda.

jueves, 30 de octubre de 2008

O DÍA DOS MAGOSTOS. PRIMEIRA APARCIÓN DOS "FUXIDOS" NA ABELEDA.


No ano 1947 non se celebraba aínda este MAGOSTO tan rumboso; pero moitos aínda recordan a data, pola forte impresión que se produciu no pobo a primeira visita dos ATRACADORES, que agora moitos adoitan chamar "OS FUXIDOS". Á marxe de idealismos ou ficcións, a realidade é que o pobo viviu unhas horas atemorizado, co resultado de varios feridos a golpes, e un de bala, Don Luciano, o Cura, que se salvou de milagre coa fuxida. Levaron diñeiro, que é o que buscaban, ademais de sementar o terror. Isto ocorreu á noitiña do día DOS MAGOSTOS de 1947.


Así relata, D. Carlos Costoya este suceso no pobo de Abeleda.

FERMOSA RUTA DE MONTAÑA EN CASTRO CALDELAS.


Así, titulo o xornal "O Sil" este reportaxe.

Desde o derrame setentrional do nó orográfico de San Mamede-Queixa chegando ata o profundo enfaixamento no que vai o admirable río Sil, tránsito de evocacións e beleza, están asentados os 87,63 km2 do Concello de Castro Caldelas.
Nas orelas que deixa o admirable Sil fórmase o espacio chamado Ribeira Sacra no que esta incluído este concello, tamén espacio cultural dominado polo pasado medieval con abundantes edificios religiosos e civís.
Aproximámonos ás orelas do río Sil camiño do lugar de Paradela, preto do lugar faremos a primeira parada para achegarnos ata as Penas de Matacás desde onde nos asomaremos a verticalista e dinámica paisaxe co Sil facendo de divisoria coa provincia de Lugo. Temos que volver o principio do sendeiro, á estrada, dirección Susaus. Cando levamos 3,5 km temos que coller unha pista á esquerda na que toparemos con outra que nos leva ata as covas dos fuxidos (leva o nome do Mario de Langullo), é de difícil acceso.
Polo camiño orixinal podemos seguir a ruta dirección a Vilarellos ou As Carballeiras, nós imos para As Carballeiras. Entre bosque de piñeiros vai baixando a pista que o pouco xa nos vai metendo na flora autóctona de carballos e castiñeiros e tamén aparecen os fermosos bancais de viñedos que trepan polas ladeiras.
Cando nos topamos co desvío para As Carballeiras temos outro camiño á esquerda que nos leva polo medio de fermosos soutos cheos de grandes sequeiros ata a igrexa de Tronceda, considerada no seu tempo como a de máis difícil acceso de España.
Daquela xa só están as ruínas e algúns nichos do camposanto no que o derradeiro enterro foi no ano 1977.
Volvemos ata o cruce que vai para o lugar de As Carballeiras para achegarnos a el desde o que vemos outro dos magníficos caprichos do Sil, os seus meandros. Desde aquí seguimos para o lugar que fora a freguesía de Santiago de Tronceda, tamén hoxe deshabitada de oriúndos e si habitada por algún veciño vido doutros países. Ó pé de Tronceda está Santa Marta, xusto encima do meandro da Frieira e baixo o alzamento da Pena do Xastre (1.000 m) e o Coto Arma (1.013 m); e o outro lado a meseta lemosina.
Esta ruta non é circular, ó volver podemos coller o camiño que vai a Vilarellos e deste xeito coñecer outro lugar e tamén alongar o percorrido.Todo este acougo natural e patrimonial ben merecido ten a tan desexada declaración de Patrimonio da Humanidade pola que está a loitar e nós tamén nos sumamos á petición e o desexo.

PUBLICADA NO XORNAL "O SIL". Foto: Carlos G. Hervella Texto: Clemente Pérez Arias

lunes, 27 de octubre de 2008

MAGOSTO NA ABELEDA.


O vindeiro sábado día 1 de Novembro, voltarase a festexar o xa tradicional magosto na Abeleda. Contaremos con unha gran churrascada, con outra gran chourizada do pais, as tradicionais castañas dos soutos da zona, viño da Abeleda, bica, e licor cafe para animar a noite. Instalarase unha carpa na praza do pobo por si o tempo non nos acompaña, aínda que esperamos que si. Calculase que seremos unhas 150 persoas ou máis. O prezo será a escotar entre os que asistan.

martes, 21 de octubre de 2008

POSTA DE SOL DENDE COVA



O domingo, cando ía de camiño para Ourense pola estrada de Trives a Chandrexa, o pasar o pobo de Cova, lucía esta fermosa posta de Sol. Non dubidei nin un só segundo, parei o coche, e collín a miña cámara no maleteiro para inmortalizar ese momento.

martes, 14 de octubre de 2008

OURENSE A VISTA DE PAXARO

video
Un amigo meu pasoume estas fotos de Ourense polo e-mail. Eu quero compartilas con todos vós no blog, para iso, xunteinas nestes video, e para animalo un pouco puxenlle unha cancion da terra, do grupo Siniestro Total "Miña Terra Galega".

lunes, 6 de octubre de 2008

A VENDIMIA A TOPE.


Este fin de semana na Abeleda, a vendima viviu o seu día de explendor. Os tractores, todoterrenos, e todo tipo de vehiculos, circulavan polas pistas. Raro era a viña na que non había xente quitando na uva. Xentes que viñeron de todas partes, Celeiros, Mazaira, Poboeiros, a Garduñeira,.... etc., para recoller o froito das viñas que teñen en propiedade neste pobo. Arrulos, aturuxos escoitabanse dende tódalas ladeiras que rodean este val. Se arrulaban dende a costa de Alais, contestaban os da costa de Paradela, e así sucesivamente. Unha tradición que a pesar dos anos se vai conservando.
A cantidade de producto este foi en xeral bastante inferior a de anos anteriores, pero eso sí, con moi boa calidade. As uvas estaban sanas, non habia presencia de "podre" nos racimos e a graduación foi en xeral alta.

QUE VIVAN OS NOIVOS

Noraboa aos dous. Cesar e Chus, casaron o día 4 de outubro, no mosteiro San Pedro de Rocas. Despois da cerimonia, tiveron o banquete no restaurante "Os Caracoles" na Derrasa, onde se encheron ben as pieles. Para baixar un pouco a comida estiveron amenizando toda a tarde o Grupo de Movilla e compaña. Os Cinco Baixo Cero fixeron unha actuación moi completa, incluso as veces con un novo cantante o "Carcamán". FELICIDADES PRIMOS.
video

jueves, 25 de septiembre de 2008

COMENZA A VENDIMA NA ABELEDA


ADEGA CACHÍN, coa marca Peza do Rei deu comenzo a vendima na súa mítica viña que lle da nome o seu destinguido viño. Unha viña que foi rescatada do olvido pola familia de Cesar Enriquez actual xerente da adega.
Este ano a vendima presentase con menos uva que en anos anteriores, pero mantendo a mesma calidade ou mellor.
De seguido deixovos un texto publicado na Voz de Galicia no ano 2003, donde Cesar nos fala do seu exquisito viño.


A VOZ DE GALICIA, SET. 2003
-Ten unha cor atractiva, de capa entre media e alta. É moi aromático e ao bebelo é suave e amplo ao mesmo tempo, cun repunte de acidez que o fai longo. -Atopa todo iso na copa o consumidor? -Normalmente, non. Aos consumidores o viño gústalle ou non. Elixen unha marca a diario, á que adoitan ser fieis. -Elabóranse viños pensando nas catas onde se deciden premios? -Hai que pensar sempre no consumidor, que ten a última palabra. Catar é outra cousa, e moi difícil. -Como se consegue a fidelidade do cliente? -O máis importante é manter unha regularidade nos viños. O que atopa unha marca que lle gusta non anda cambiando, pero tes que ofrecerlle unha calidade, Aínda que non sexa un catador, o consumidor sabe moi ben o que lle gusta e o que non. -Galicia non é o mellor escenario para conseguir a regularidade nas colleitas. -Aquí é bastante difícil, hai que seleccionar moito a uva que entra na adega. Na vendima cada un márcase unha meta. Uns pensan máis en encher as cubas e outros buscan manter o nivel de calidade do viño. -Peza do Rei é o viño máis premiado desde a posta en marcha da Mostra dos Viños da Ribeira Sacra. Cal é a receita? -A viticultura marca as diferenzas e así debe ser. O que distingue a uns viños doutros é a materia prima. Aínda que tamén compra algunha uva, aos nosos viños dálle personalidade a Peza do Rei porque alí controlamos a madurez da uva, -Como se consegue unha vendima en condicións? -Hai que superar moitos erros, o primeiro a sobrecarga de produción. O segredo dos viños está en non pasarse na produción da cepa, repartir ben a carga para que a uva estea ben aireada e teña suficiente insolación. Así se reduce a incidencia das enfermidades e se vendima antes. Adiantarse a finais de setembro para vendimiar é importante porque a partir dese momento sempre veñen choivas. Se sacamos unha uva madura iso tradúcese na calidade dos viños, e para conseguilo fai falta unha viticultura profesional que controle a produción. -Dos tres tintos premiados na cata de Ribeira Sacra dúas son da Teixeira e Trives, municipios polos que ninguén apostaba fai uns anos. Que pasou? -Salvo catro ou cinco que seguen dándolle voltas ao asunto, a maioría da xente entendeu que o primeiro é o nome con que se faga a adega, e logo a denominación de orixe. A mellor garantía é a marca do viño e a contraetiqueta de Ribeira Sacra. Nas botellas de Peza do Rei nunca se mencionou a subzona de procedencia e penso que como idea funcionou ben.

lunes, 22 de septiembre de 2008

CHEGOU O OUTONO.


Acabamos de entrar no outono, aínda que se botamos unha ollada as árbores da comarca, sobre todo aos carballos, pareceranos que fai tempo que xa estamos nel. Grazas a unha praga de insectos que sufriron durante todo o verán, as follas teñen a típica cor marrón outonal, e levan con esa mesma cor case todo o verán. Segundo os técnicos ambientais, débese como dixen antes, a unha praga de insectos, que debido ás condicións de humidade que sufrimos durante todo o verán proliferaron ás súas anchas. Nalgúns lugares intentaron combatelos fumigando desde avións e elicopteros. Esperemos que só sufrisen as follas e se póidan recuperar para a próxima primaveira, e nos mostren o verdor tan especial que teñen as nosas montañas.

lunes, 8 de septiembre de 2008

NA EXPOZARAGOZA 2008



Bueno, xa estamos de volta, logo de moito camiñar, entre xentes, pavillons, e as longas colas de espera para entrar os espectaculos. De volta pero enormemente satisfeitos coa visita a Expo2008. Alí deixamos ao pavillón ponte, sobre o río Ebro, a torre da auga, con 73 metros de altura e un corredor que sobe envolvendo toda o edificio de mil e pico metros de lonxitude. Sen dúbida un evento digno de ver. Alí quedou tamén o pavillón de Galicia, un recinto pequeno e moi sinxelo, cunhas presentacións interactivas pero que me fixeron saltar a morriña. E máis aínda cando descubro unha parede do recinto formada por bloques de cristal que conteñen dentro mostras de auga de cada concello de Galicia, entre eles o de Castro Caldelas e A Teixeira.
Aquí déixovos dous fotiños, unha da ponte vista desde o telecabina e a outra da torre da auga. Supoño que colgarei máis cando termine de descargar todos as tarxetas de memoria, porque... por fotos non será. Creo que sobre unhas 500 máis ou menos.

martes, 2 de septiembre de 2008

ENTRE LÓSTREGOS


Levaba ameazando o trono desde facía uns intres, a noite adiantábase debido ás intensas nubes. Estábamos ceando cando de súpeto unha intensa luz laranxa entraba polas fiestras. Só durou un par de minutos. Levantámonos da mesa para asomarnos ao balcón da miña casa, e ao ver tanta beleza no ceo collín rapidamente a miña cámara para sacar esta fermosa fotografía. Despois puxose moito máis nubrado e o trono apoderouse do ceo.

miércoles, 27 de agosto de 2008

ESCAPASE O AGOSTO E CON ÉL... AS VACACIÓNS.

Xa estamos na derradeira semana de agosto, a maioría da xente que se achega ás nosas terras de vacacións xa esta comezado a preparar a equipaxe de volta a casa, e o que é peor ao duro traballo cotián. Os máis remolentos aínda lle quedan uns dias en setembro.
As casas das aldeas que teñen as fiestras case todo o ano pechadas, respiran nos meses de xullo e agosto, pero moi pronto se volverán a pechar. Sen dúbida que cando alguén chega ao seu pobo no verán e o vé cheo de xente sente unha satisfacción moi grande.
Este verán fixen excursións polos pobos da comarca, na serra de Queixa, etc... e puden ver como pobos que no inverno estan completamente pechados, en xullo e agosto é dificil non atoparse con xente nos seus camiños. Iso faiche reflexionar e dicir oxalá fose así todo o ano.
Bueno eu polo de súpeto vou seguir espremendo os meus últimos días de descanso, que moi pronto hai que facer a "volta ao cole".

lunes, 18 de agosto de 2008

A LÚA FRONTE O CASTRO.


Noite do 15 agosto, o astro lunar asómase entre as montañas do Castro e do Sobredo. Aos poucos vai subindo cun lento camiñar debuxando cada vez máis a silueta da vila do Castro. Segundo pasan os minutos perfílase moito máis o maxestoso castelo e a igrexa de Santa Isabel. Realmente un espectáculo digno de contemplar. Parece a típica escena das películas de terror cando as cámaras enfocan alá de lonxe o temido castelo.

martes, 5 de agosto de 2008

FESTA DO 15 NA ABELEDA.

Bueno, este fin de semana, puiden ver o cartel da festa de Abeleda. O día 14 actuará o dúo SANTI Y PEPE, e o día 15 virá a CHARANGA MEDINA, para acompañala procesión da Virxen pola maña. Tamén nos acompañara a tarde. Como podedes ver, non é un cartelazo, pero bueno, lonxe de criticar a comisión, darlle os meus parabens, porque... algo é algo. Esperemos que os vindeiros anos sexan mellores.

lunes, 28 de julio de 2008

UNHA TARDE DE DOMINGO NO SIL

O domingo despois do Santigo, Carlos, Cesar, Lúa, Dani, Vero e máis eu, xuntamonos coa intención de pasala tarde no Sil, dándonos un chapuzo e unha volta na barca polo río. Pero iso non era todo e levamos con nós un xoguete. Collemola barca no embarcadoiro da Ponte do Sil, e diriximonos polo río ata Barxacoba. Ali o Sil faise máis ancho e polo tanto era un lugar axeitado para probalo noso xoguete. Soltamos corda, puxemos o chaleco e un por un fomos montando no "donut". Deixovos un anaco do video para que vexades como o pasamos. Seguro que voltamos a repetir.
video

martes, 22 de julio de 2008

OLLADAS... SE CHE GUSTA A FOTOGRAFIA.


OLLADAS, e un certame fotográfico que achega a Coruña exposicións de fotográfos como Manuel Valcárcel, Alberte Peiteavel, Xosé Durán, Antía Moure e Maribel Castro, todos eles, fotógrafos galegos. O primer certame xa está aberto na igrexa da Universidad de Santigo de Compostela ata o día 31 de Xullo. Logo abrirá as porta o segundo, en Ferrol, na Fundación Caixa Galicia desta cidade, dende o 4 de agosto ata o 21 de setembro.

viernes, 18 de julio de 2008

AS DÚAS BEIRAS DO SIL


Facia tempo que non me achegaba ata a zona do embarcadoiro da Ponte do Sil. Pero esta semana despois de tomarme uns días de vacacións no pobo e debido a calor que facía decidin achegarme ao Sil para darme un chapuzón. O primeiro agradoume ver o encoro tan cheo, cubria gran parte da estrada vella que hai uns anos arreglaran cun pouco cemento para baixar as barcas a auga. Pero pouco a pouco voume dando conta que case non teño nin donde estirar a toalla. Esas baixada hoxe está cuberta de herba, cristais rotos, madeiras que o río deixa, plásticos, maleza e arbustos medran nas esquinas..... bueno un desastre. Vaia decepción. Despois de moitas voltas non logramos saber nin eu nin os meu acompañantes como un sitio previlexiado coma iste pode estar neste estado. Decidimos ir ao pantalan, pero sorpresa... esta pechado. Unha obra que custou moitos cartos, ahora esta pechado. Nin paran os catamaráns. Bueno decidimos saltar, xa que se pode aceder a él pero con coidado. Foi a única forma de podernos refrescar no Sil na beira ourensá. Despois dunhas horas e xa refrescados decidimos tomar algo, xa nos tubemos que desprazar a beira de Doade, totalmente funcional. Pantalans en activo, cafetería, as beiras do río limpas ..... A cara e a cruz dun lugar tan fermoso como é o embarcadoiro da Ponte do Sil. Por qué? esta diferenza... e o peor de todo, que estamos a deixar escapar algo que podía facer rexurdir toda a zona de caldelas, o turismo.
A foto que poño é de fai dous anos, ali pasabamos case tódalas tardes de agosto. Recordo días que estaba cheo de xente de tódolas partes, Monforte, O Castro, A Teixeira, Abeleda... hoxe en día non podemos facer eso.
Voltarei cunha foto do estado actual para que comparedes.

VOLTARÁN AS FESTA A ABELEDA?


O pasado fin de semana oín rumores de que o 14 e 15 de Agosto, abrá festa na Abeleda. O 14 con un dúo e o 15 ca Charanga de Trives. Dende logo que non voltarán a ser as festas que se facian fai anos, pero... mellor que nada... algo é algo. Dende logo todo sabedes que son unhas datas moi compricadas para facer festas nos pobos, hai moitas localidades por toda España en festividade, e as orquestras sabeno moi ben e por eso aumentan os prezos por triplicado. Se a esto lle sumamos que a xente no pobo vai a menos, e a gran maioria pasan dos 65, e non se sinte animados para bailar, resulta moi dificil xuntar os cartos. Asi que, temonos que conformar con pouco.
Cando teña mais novas xa as irei contando.

lunes, 7 de julio de 2008

SANTA MARTA


Hai un mes falaba neste blog sobre a destrucción de Santa Marta. Bueno pois mergullandome no meu album personal encontrei esta foto (que aínda que non esta moi ben)foi sacada dende o mirador "Do Duque", no outro lado do Sil.
A verdade e que non sabía nin ca tiña e o atopala levei moita ledicia.
Para os que non o saibades Santa Marta é o pobo que aparece na parte inferior da imaxe. O outro e A Portela.

lunes, 30 de junio de 2008

CAMPEONS DE EUROPA


Xa non é un soño, e unha realidade. A Selección Española de futbol fixose onte a noite coa Eurocopa. Os rapaces de Aragonés traballaron moi duro para conseguir este título que se lle resistía dende hai moitos anos. Xa voltaron a escribir unha páxina na historia do futbol europeo.
Noraboa.

lunes, 23 de junio de 2008

CASILLAS E A ROXA VOLTAN A ILUSIONAR.


Co berro de PODEMOS, PODEMOS, a selección española vai pasando partidos e máis partidos, clasificamonos para cuartos, aquí tocounos o eterno rival, esa Italia que tantos dores de cabeza nos leva dado. Pero bueno, onte despois de sufrir todo o partido, toda a prórroga chegaron os penaltis. Diante tiñamos a Buffon, presumiblemente o mellor porteiro do mundo. Eles tiñan a Casillas supostamente o segundo mellor do mundo... e chegou a tanda. Casillas que xa fixera dúas paradas para enmarcar durante o partido sacou unhas mans imposibles e parou dous penaltis...
o final creo que xa todos o sabedes, estamos en SEMISSSSSS.
E ahora preguntome eu. Quen é mellor porteiro do mundo???
O porteiro do Real Madrid fai historia ca Selección.

VENDO O RALLYE NO CANON DO SIL


Bueno chegou o día, era hora de ir ver o Rallye de Ourense no tramo do Canon do Sil, para mín, o mellor de toda a proba sen dúbida algunha. Arrancamos dende Abeleda, o Cachín (neto), eu, Pablo (meu irmán) e o Xose, un amigo de Pablo, dirección a Cristosende, e alí debatimos en que curva poñernos. Non o tíñamos moi claro, eso sí... que estuvesemos seguros. Despois de moito debatir e paseiño para riba, e para baixo quedamonos duas curvas debaixo da do mirador. Alí aconteceu o do video. Todo o mundo levou un gran susto, xa que o coche quedou xusto no borde do barranco, un desnivel que polo menos tiña uns 15 menos. Se o coché vai un so metro máis, posiblemente estivesemos a falar dunha nova traxedia nos rallyes galegos.
Eso sí, dende aquí mandolle os parabens a organización polo bon traballo de seguridade que fixeron.
video

jueves, 12 de junio de 2008

QUENTANDO MOTORES


Achegase a data máis importante con respecto o deporte do motor na provincia de Ourense. Os días 20, 21 e 22 de Xuño, disputarase a 41 edición do rallye de Ourense puntuable para o campionato nacional de rallyes de asfalto.
Asi que todos a quentar motores que se achega a data. Eu non mo perdo!!!!!.

miércoles, 11 de junio de 2008

DE VERDADE PENSAMOS ISTO?


Que doado se nos fai darllela volta a manta. Resulta que fai unha semana a Selección Española non ía a gañar nin pa pipas na Eurocopa. Onte metemoslle 4 os rusos e de supeto ós comentarios pola rúa e na prensa que che fan pensar... De verdade pensamos isto todos?
-España ten moitas posibilidades de gañar-
-Que equipo ten España, este ano cae algo-
E unha morea de frases que levo escoitado a longo do día de hoxe co mesmo ou similar significado.

Temos que saír desta nube, España xugou ben, marcou goles... a verdade é que algo cambiou, pero non para tanto. Non nos esquezamos que xogamos contra Rusia, que é un equipo bastante modesto. Xa veremos contra Portugal, Holanda, Francia....
De tódolos modos, oxalá gañemos..

martes, 10 de junio de 2008

SANTA MARTA, UNHA ALDEA QUE DESTRUIRON.


Esta foto aínda que quixeramos repetila sería imposible. Foi sacada en agosto do 2002, en Santa Marta, un pobo que foi desaloxado trala construción do encoro de Santo Estebo, por medo a un posible derrumbamento. Fai uns meses decidiron borralo do mapa, e despois duns días de traballo de escavadoras e camións quedou reducida a unha ampla chaira non medio do monte. Aí quedou unha igrexa, casas enteiras, palleiras, alpendres. Aí quedou un pobo.
O contrarío que noutras zonas de Galicia, que reabilitan aldeas enteiras (poño de exemplo a Aldea de Couso, en Sarreaus), aquí prefiren borralas, borrar un pasado, destruír unha cultura.

OS LIMPABOTAS


Sorprendeume que aínda perdure nestes tempos este oficio. Paseando pola praza Maior de Ourense, teñome encontrado no mesmo lugar que mostra esta foto a un limpabotas. Un dos moitos oficios que esta a desaparacer, ainda que co estrés e prisas na que a sociedade está metida, logo non temos tempo nin para limpar os nosos zapatos. De seguir así pode ser un oficio que volva a rexurdir.

lunes, 9 de junio de 2008

DOADE... Ó OUTRO LADO DO SIL

Da páxina web de Doade saquei este video. Dende logo un gran documental destas terras lucenses. A pesar de estar na outra beira do Sil, pertencer a outra provincia, as xentes de Abeleda e Doade sempre estiveron moi unídas. Grandes amizades se fixeron o longo do tempo entre estas dúas aldeas. Grazas por este documental.
video

miércoles, 4 de junio de 2008

CRISE OU DESACELERACIÓN

Esta e a pregunta que esta tan de moda estes días, ven sexa na radio, na televisión ou na propia rúa. Eu personalmente non o teño moi claro. O que si está claro e que gran parte das familias españolas teñense/témonos que apretar o cinto. Penso que se deberían de deixar de tantos debates, de crise ou desaceleración e poñerse mans a obra para sacarnos destas situación. Si si, xa sei que non é tan doado, pero por algo teñen que empezar. Empezou a decaer a construcción, o petróleo que segue a alza, o paro aumentou, "din que en Galicia descendeu"... estamos es situación dificil. Ahora volta a suba na tarifa eléctrica, buffff, todo sobe e sobe, uy perdón os soldos non.
A ver se deixamos de xogar cos termos absolutos e relativos e empezamos a pensar, que detrás dos índices, dos números, atópanse familias enteiras que atravesan unha situación de endebedamento importante. Á sociedade traballadora, fai tempo que nos deixou de importar se era crise ou desaceleración, o que nos importan son as solucións, as medidas. En definitiva, poder seguir vivindo, que non sobrevivindo. Que opinades?.

martes, 3 de junio de 2008

NACE A ASOCIACIÓN DE MOZ@S "OS GRUMOS"

Levabamos tempo pensando en crear unha asociación na Abeleda, e despois de moito esperar por fin podo escribir esto. Os "Grumos", nace para impulsar as novas tecnoloxías neste val, para promover actos culturais e sociais, e contribuir no desenrrolo deste pobo, que nos últimos anos quedou bastante estancado. Creo que toda esta zona do Val de Abeleda, falo de San Paio, Santa Tegra, e Abeleda, teñen algunha da materia prima para conseguilo, agora toca movernos.
Oxalá poida publicar boas novas desta recente creación.

jueves, 29 de mayo de 2008

EXPO ZARAGOZA.


Faltan 15 dias para que comenze a Expo Zaragoza. O vindeiro 14 de Xuño abrirá as portas os espectáculos, exposicións, concertos...etc. A exposición ten por obxeto a auga como elemento imprescindible da vida. Vai merecer a pena mergullarnos nesta gran espectáculo, e sobre todo hoxe en día con tanta polémica sobre o cambio climatico.
Eu xa teño as entradas.

miércoles, 28 de mayo de 2008

UNS NOVOS VECIÑOS


Este fin de semana, atopeime con estes novos veciños. Levánteime pola mañá, ía de camiño ao alpendre que teño no patio da miña casa a coller leña para a cheminea, e de súpeto chamoume a atención uns maullidos de gatos pequenos. Collín unha lanterna, achégueme ao oco de onde proviñan e encontreime con estes animaliños. A súa nai estábaos transladando, á tarde despues de xantar xa estaba os catro irmáns xuntiños.
Unha nova familia.

martes, 20 de mayo de 2008

LEVANDO O "CASTRO" POR ASTURIAS




Como podesde ver(se pinchades na foto, xa que así non se aprecia), leveime o Castro de ruta polos Picos de Europa. A foto esta sacada na ponte "De los Rebecos" na ruta do Cares.
É unha senda que percorre a garganta do Río Cares é a ruta de sendeirismo máis espectacular e coñecida do Principado de Asturias.
Discorre entre as localidades de Poncebos e Caín (León), sendo tradicionalmente a única comunicación entre ambos os pobos durante os invernos de intensas nevadas.
A senda, escavouse artificialmente na rocha para a canalización do Cares e o seu aproveitamento hidroeléctrico na Central de Camarmeña-Poncebos (1916-1921).
O trazado do percorrido é bastante chan, salvo uns repechos no inicio.
Iníciase a ruta cunha curta pero empinada subida pola esquerda do Río Cares ata Os Collaos, punto no que se descende ata atopar a senda escarbada na rocha que neste punto está xunto á canle.
A partir de aquí a senda é practicamente chá. Tras cinco quilómetros, chegamos á majada de Culiembro, de onde parte a canle do mesmo nome que sobe cara aos portos de Ostón.
Seguimos camiñando, e podemos apreciar que aumenta a altura respecto ao río, chegando despois á ponte de Bolín, onde cruzamos o río a gran altura, volvendo cruzarlle pouco despois pola ponte dos Rebecos.
Para rematar, percorremos unha zona de túnel con ventás escavado na roca, na zona máis angosta do percorrido e chegamos á presa de Caín, onde empeza a abrirse o val e iremos vendo as casas de Caín.
Duración da ruta entre 6 e 7 horas.
Sen dúbida unha das rutas máis fermosas que percorrín, e que recomendo facer, iso si, se tedes vértigo non a recomendo, xa que hai puntos nos que realmente se sente a altura.

lunes, 19 de mayo de 2008

CHOIVAS DESTES DIAS


Fai uns meses publiquei un post neste blog sobre o encoro de Chandrexa de Queixa. Estaba totalmente seco, o seu caudal era menos do 10%. Pois... as cousas mudaron nestes últimos dous meses. As neves xa derreteron, e a cantidade de auga que leva caido neste tempo deulle a volta a situación deste encoro.
A verdade é que está moito mellor así.

viernes, 16 de mayo de 2008

O POMBAL DO COUTO


Medio en ruinas, temos na foto este pombal. Situado no Couto, pertenceu no seu día o Pazo dos Taboada. É o único que temos en todo o val de Abeleda, e non debería de desaparacer. Creo que as administracións locais debería botar man a estas construccións que estan en poder de propiedades privadas para restauralas, e despois poder ofrecer algún servizo con elas,(Ben sexa de oficinas de turismo, exposicións, etc...)cobrando unha pequena entrada pola súa visita, para financiar o custe do seu mantemento. Sería unha forma de non perder o noso patrimonio nin a nosa cultura.

jueves, 15 de mayo de 2008

AS RUINAS DO NOSO MOSTEIRO.


Deixovos unha recopilación de fotos sobre o Mosteiro de San Paio de Abeleda, que recolleu Xoan Arco da Vella. Espero que despois dos proxectos que se escoitan e se ven en internet, estas imáxes queden moi pronto esquecidas.

martes, 13 de mayo de 2008

NO PAIS VECIÑO


Este fin de semana, estivemos no pais veciño Portugal. Digo estivemos porque fun acompañado coa miña parella e uns amigos. Deixovos o itinerario que fixemos.

Subimos pola estrada lado a lado coa ría dirixindonos á localidade de Costa Nova onde nos aloxamos. A visita a este lugar é imperdible, pois aquí están situadas as típicas casas pintadas de cores fortes e a raias verticais (sempre branco e outra cor, normalmente amarelo, vermello, verde ou azul), o nome común destas son "palheiros". Actualmente esta localidade está moi envorcada co turismo e ten fortes ligaduras co pasado ancestral do distrito de Aveiro.

Ese mesmo día visitamos Aveiro. Este concello debe moito á súa excelente situación xeográfica, que lle permitiu un espléndido desenvolvemento debido ás actividades de salgadura, de pesca e de comercio marítimo. Entramos na cidade pola súa zona principal ( O Rossio) onde puidemos ver que a ría atravesa a cidade en forma de canles creando unha paisaxe única que interrelaciona a auga co medio urbano. Alí cerca temos unha das innovacións dos últimos tempos, o Forum Aveiro, un centro comercial bastante grande e con numerosas tendas modernas. Nos barrios da ribeira atopamos a simbiose da auga e do urbano, con pequenas casas revestidas de azulexos, que deixan reflectar a auga. Rúas estreitas condúcennos a moitas pastelerías que teñen os seus escaparates cheos dos típicos "ovos moles". Ao día seguinte dirixímonos (xa achegándonos a Galicia) ao Porto, a segunda metropole de Portugal. A cidade do Porto situada na desembocadura do río Douro. O primeiro que quería visitar e chámome a atención foi o seu casco antigo, que está nun outeiro desde a beira do río, cheo de callejuelas estreitas, algunhas a verdade moi abandonadas e fachadas e cristaleiras necesitadas dunha boa rehabilitación (algo que non esperaba, logo de ser nomeada Capital da Cultura no 2001 e ser considerada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Sorprendeume de verdade esta cidade, sabía da difencia de cultural entre as propias xentes do lugar, pero o que non me imaxinaba era o descoidada e sucia que estaba a cidade. Case sen máis tempo visitamos moi rápidamente o resto de monumentos da cidade, e as seis pontes que cruzan o Douro.

lunes, 5 de mayo de 2008

EN MADRID XA HAI 31 LIGAS


Noraboa campeons.

Non podía ser menos, o Real Madrid celebrando a súa 31 liga de España. Esta tempada non puido haber máis títulos pero bueno, os aficionados xa nos deron unha alegría.

Onte nun partido que se lle empezou a compricar coa expulsión de Cannavaro, e máis tarde co gol do penalti do Osasuna, os merengues sacaron a súa forza, a súa garra de campeons, e souperon darlle a volta o marcador, no campo do Osasuna.

O final 1-2 e CAMPEONS DE LIGA.

viernes, 2 de mayo de 2008

MOSTEIRO DE SAN PAIO DE ABELEDA




Rebuscando entre as follas da amplia internet, atopeime cunha grande sorpresa. Unha web sobre o mosteiro de San Paio de Abeleda "http://www.mosteirodesanpaio.com/" que parece que lle volta a dar luz a este patrimonio que temos moi abandoado. De verdade espero que non se volva a quedar só nun proxecto. Tiña escoitado rumores da súa restauración pero lévase falando tanto deste mosteiro que xa nada era crible. Esta web, abre un pouco a luz da miña esperanza.

miércoles, 30 de abril de 2008

O CASTELO



Megullandome neste fondísimo rede de Internet, atopei con este video na famosa páxina de Youtube. Aquí o amigo Xoán Arco da Vella deixanos unha recopilación de fotos do noso castelo.
Sen dúbida unha voa mostra desta fermosa construcción.

FOMENTO VOLTA A ESQUECERSE DE TRIVES E CALDELAS.





O estudo informativo e de impacto ambiental dun novo acceso entre a comarca de Trives e a estrada N-120 foi orzado en 239.623 euros, segundo recolle a convocatoria do concurso de redacción de ambolos traballos. O anuncio realizouno a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, que fixou un prazo de 14 meses para a súa redacción. Este departamento apunta que a nova estrada, da que tamén se beneficiará a comarca de Caldelas, ten como obxectivo "dotar a esta zona dunha infraestrutura de comunicación axeitada ás súas necesidades de mobilidade". A consellería que dirixe María José Caride tamén resalta a "notable mellora" que o acceso suporá para as comunicacións entre esta zona e o sur lucense. Aínda que o trazado determinarao o estudo informativo, barállanse dúas opcións: Trives-Montefurado (Quiroga) e San Xoán de Río-San Clodio (Lugo), polo Alto dá Moá. En todo caso, a lonxitude do enlace será de 12 a 14 quilómetros, segundo Política Territorial. O traballo deberá reflectir o trazado da nova estrada, os ramais de conexión con outros viarios e a súa compatibilidade e coordinación cos proxectos do Ministerio de Fomento. Esta esixencia obedece á necesidade de adecuar o acceso á futura autovía A-76, que comunicará Ponferrada con Ourense e cuio trazado discorrerá por Monforte. Así o apuntaron onte fontes socialistas, confirmando deste xeito o informe técnico que descartou o Corredor número Tres, que discorre por Trives e Castro Caldelas, e cuia reivindicación mobilizou por centos de veciños destas comarcas. ?Vai buscar a A-76?, apuntaba o dirixente do PSOE.

Alfredo Estévez: "É un mal menor"


O presidente da "Asociación prol A-76. Corredor Tres. Por Ourense", Alfredo Estévez, recibe o anuncio da Consellería de Política Territorial como "un mal menor". Explica que a última promesa que recibiu da clase política "foi ese enlace". Con todo, o empresario de Caldelas non desborda entusiasmo ante a nova estrada. "Nós sempre dixemos que non aceptariamos esa solución", dixo e ratificouse na súa demanda dun trazado ourensán para a futura autovía Ponferrada-Ourense. Pero as súas protestas poderían quedar reducidas a unha queixa verbal, pois a capacidade de mobilización da Plataforma prol A-76, que preside, está baixo mínimos. "Teremos unha reunión ou 15 de maio e probablemente se disolva. Vos integrantes dá directiva xa estamos esgotados", dixo. O alcalde da Agrupación Independente de Trives, Francisco José Fernández, considera "unha boa noticia" a decisión do departamento de María José Caride. Explica que, "se, como todos os indicios apuntan, o corredor elixido para a A-76 non vai ser o número tres, era necesaria a nova estrada". O rexedor aclara que "non podiamos esperar a que finalizase a futura autovía para ter o acceso, pois estariamos falando de moitos anos". Francisco José Fernández avoga por un trazado a través do concello que dirixe. "Se para ir ao Barco, hai que viaxar ata Caldelas, non solucionará nada e nós dependemos dos servizos barquenses"

NOVA PUBLICADA NA REXIÓN.


Como podedes apreciar, a Comarca de Caldelas e todolos caldelos temos "moito" que agradecerlle ao Ministerio de Fomento. Que pasa... non existimos...

Pareceme unha auténtica vergoña. Xa nos quitaron a N-120, e agora pretenden deixarnos satisfeitos con un enlace que probablemente non pasa nin polo noso concello.

VOLTOU A BRILLAR OLD TRAFFORD


Onte voltou a Champions, e voltou ao grande. En Inglaterra no estadio do Manchester, viviuse un gran partido, entre os Ingleses e os Culés. Tanto Manchester como o BarÇa xogaron moi ben, foi un partido intenso e precioso, pero a mellor forma física e calidade dos ingleses deronlle a victoria. No Barcelona saíuse Messi, sen dúbida para mín o mellor do mundo neste momento.

De todolos xeitos como bon madridista que son, no podo evitar estar ledo pola eliminación do Barcelona. Grazas Manchester.


jueves, 24 de abril de 2008

O CAMBIO CLIMÁTICO


Xa era consciente diso, sempre procurei reciclar, separar o vidro e cartón dos materiais orgánicos. Pero desde fai unha semana abríronme moito máis os ollos. O peor de todo é que me fixeron ver unha crúa realidade que azouta ao noso planeta Terra. Fai unha semana a través dun curso de enerxías renovables na confederación de empresarios de Ourense (CEO), tiven a sorte de asistir a unha charla sobre o cambio climático segundo Susana Bayo, a encargada de mostrarnos dita realidade. É unha das 200 representantes do Proxecto Cambio Climático de Al Gore en España, para dar conferencias sobre o gran problema deste planeta. Puiden observar unha realidade que esta moi oculta para a gran maioría dos habitantes. Ver como se perden grandes masas de xeo nos polos, como desaparecen os poucos graciares que aínda nos quedan é realmente impresionante. Como sigamos neste ritmo, moi pronto converteremos a Terra nun auténtico invernadoiro. Fai dous anos, os científicos comunicábannos que no ano 2040 o Glacial Artico quedaría libre de xeo. Na actualidade estannos a decir que de seguir neste ritmo o desxeo total será no 2020. ¿Que pasará entón?¿Quen refrixera o noso planeta?.

Actos como este deberían estar presentes en moito mais lugares. Non cabe dúbida que concienciar á xente é facer que os políticos boten mans ao asunto. Mentres os cidadáns da pé non nos importe, eles non o tomarán en serio. Ata da gora todo son boas palabras, pero feitos vense moi poucos. Pouco importa pór o "dia da auga", o "día da Terra", e logo quedar coas mans cruzadas. Só me queda dicir que entre todos debemos coidar o noso planeta, que é a nosa gran casa. É que... a terra esta pedindo oxigeno a berros.

martes, 22 de abril de 2008

ABRIL... AUGAS MIL


Este ano o refrán "En abril augas mil" cúmprese con fartura. Despóis da seca que nos viña invadindo e preocupando ao longo dos últimos meses, tivo que chegar Abril para, se non solucionar, polo menos abastecer algo os mananciais. Neste mes, caeu máis auga, que dende outubro do 2007 a marzo do 2008. Encoros que no mes de decembro estaban por baixo do 10%, agora están case ao 100% por exemplo o de Celeiros no concello de Chandrexa de Queixa. Outro exemplo son os ríos da nosa zona, "Terras de Caldelas". O Edo ata hai pouco, podíase cruzar dun lado a outro sen mollalos pés, pero este fin de semana puiden ver como o seu caudal, aínda que sen ser excesivo aumentou considerablemente.

Voltamos ó tipico clima da nosa Galicia, choiva, choiva e máis choiva. Volvemos a ter o noso verde típico nos lameiros, nos montes, as rúas sempre molladas, os meniños pisando nos charcos.... A verdade e que a auga xa se botaba en falta.

lunes, 21 de abril de 2008

A PRIMEIRA ANDAINA DE MONTERRAMO, PASADA POR AUGA.


A primeira andaina polo concello de Monterramo, celebrada este fin de semana, estivo marcada pola mala climatoloxía. Choiva, vento e ata neva nas cotas máis altas estiveron presente a longo do percorrido. As duras condicións climatolóxicas obrigaron a atender a varias persoas por hipotérmia ao longo da proba, aínda que por contra, os camiñantes puideron gozar dunha paisaxe impresionante no percorrido previsto polo Concello de Montederramo, organizador da andaina. Ademais, ao chegar a meta, os participantes puideron degustar un caldo quente, seguido de empanada, "perritos calientes" e bica, todo iso, do mesmo xeito que os avituallamentos, ofrecido polo Inorde, que colaborou no feliz desenvolvemento do evento deportivo.

Os participantes inscritos eran sobre uns 400 dos cales só tomaron a saída aproximadamente 200. Pódese decir que o evento foi un éxito, tendo en conta o mal tempo que vai estes días.

jueves, 17 de abril de 2008

RETRATO DO PASADO


Nesta imaxe o autor quere mostrar o paso do tempo na cultura do viño, un tempo que deixou atrás os cestos, e as cubas de madeira de carballo e deu paso aos tractores, e ao aceiro nas labores vitivinícolas. Como non; na Ribeira Sacra e a pesar da súa orografía, antigos apeiros de labranza deixan o paso ás novas maquinarias e tecnoloxías.

Esta fotografía é un vivo retrato do pasado, un pasado que aínda perdura nalgún recuncho de todolos pobos e aldeas da Ribeira Sacra.

Os cestos pasaron de ser unha ferramenta moi usada na vida dos nosos antergos, a decorar as airas das casas, ben facendo de xardineiras ou ben penduradas das paredes de pedra.

miércoles, 2 de abril de 2008

ACCIDENTE NO SIL

Un empresario ourensán, Francisco Javier Igrexas, de 50 anos, faleceu onte ao saírse o seu coche da estrada LU-903, que enlaza Castro Caldelas e Monforte, e precipitarse por un terraplén duns 100 metros ata caer ao río Sil. O propietario de neumáticos Susan, situado na rúa Bonhome da cidade, faleceu no acto. Un equipo de mergulladores da Garda Civil rastrexou o río durante máis de catro horas ante a sospeita de que no automóbil, un Renaul Express, viaxaba outra persoa. O accidente tivo lugar uns 500 metros antes da Ponte do Sil.

miércoles, 26 de marzo de 2008

A RIBEIRA DO SIL


Nestas ladeiras, nace e críase un dos mellores tintos de Galicia, "O Amandi". Regadas polas augas do Sil e o tan especial microclima da zona, fan destas terras un lugar inmellorable para a colleita da uva. Os viñedos formados polos socalcos de pedra facilitan a maduracion da uva para a obtención de tan prezado mencía da Ribeira Sacra.