Seguidores

lunes, 23 de junio de 2008

VENDO O RALLYE NO CANON DO SIL


Bueno chegou o día, era hora de ir ver o Rallye de Ourense no tramo do Canon do Sil, para mín, o mellor de toda a proba sen dúbida algunha. Arrancamos dende Abeleda, o Cachín (neto), eu, Pablo (meu irmán) e o Xose, un amigo de Pablo, dirección a Cristosende, e alí debatimos en que curva poñernos. Non o tíñamos moi claro, eso sí... que estuvesemos seguros. Despois de moito debatir e paseiño para riba, e para baixo quedamonos duas curvas debaixo da do mirador. Alí aconteceu o do video. Todo o mundo levou un gran susto, xa que o coche quedou xusto no borde do barranco, un desnivel que polo menos tiña uns 15 menos. Se o coché vai un so metro máis, posiblemente estivesemos a falar dunha nova traxedia nos rallyes galegos.
Eso sí, dende aquí mandolle os parabens a organización polo bon traballo de seguridade que fixeron.
video

4 comentarios:

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Javi o vídeo é bon, pero a foto é unha pasada. Percíbese perfectamente como o coche está pendurado do valado. A verdade e que creo que todos os que estabamos alí levamos un bo susto por si ía abaixo.
Dis que a organización gañou moito en canto a seguridade e é máis que certo. Non hai moitos anos que nos poñiamos todos xustoonde o coche se saiu. Un dez para a organización, e un dez para a seguridade. E que siga este tramo que é do mellor e máis completo que hai en todo o nacional de rallyes.

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Cerca do final do vídeo chama a atención a premura coa que corre o Garda Civil a prestar auxilio ós pilotos ;)
E de coña, o garda cos brazos tipo xarrón e con toda a calma do mundo, como decindo: joder xa podían ir a ter o accidente á curva de abaixo, a ver se agora me vai tocar a min empuxar.

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

É verdade a foto é boísima. E tamén e certo que o rali gañou moitisimo en seguridade, porque eu recordo unha fila de xente nesa zona da curva durante moitos anos; e tiven a ocasión de ver como restrinxiron o acceso ó publico na Pedra do Sol e non se parece en nada aos recordos que eu teño dos poucos anos que fun ver alí o rali.

Javier Diéguez López dijo...

Estou co segundo comentario de Eladio. Enseñeille o video a varia xente e a parte do espectacular accidente e da sorte que tiveron os pilotos, o que máis atención chama e a calma do Garda Civil. Parece que lle pedía permiso as pernas para andar. Que tio! seguro que si lle saltara o radar ía ir moito máis rápido para escribir a multiña.