Seguidores

miércoles, 20 de febrero de 2008

OUTRO EXEMPLO DE ABANDONO.


Esta foto é outro exemplo do abandono que sofren as construcións nas que anda o clero metido por medio. Concretamente esta casa é a Abadía de Abeleda, casa onde fai anos vivía o párroco do pobo. Está rodeada de lameiros e viñas que pertencen a ela. No seu día o obispado de Ourense quixo vendela, pero o pobo opúxose xa que tiñan un proxecto moito máis esperanzador e pertencíalle máis da metade. Pretendíase contruír o Instituto da mocidade, e ofrecela como albergue, con instalacións deportivas. Pero debido á oposición do clero, o proxecto non puido seguir adiante. O que seguiu adiante foi o seu abandono e ano tras ano converteuse no agora vedes. Da casa só quedan as paredes exteriores e algo de tellado, do resto todo é cascallos e maleza.

Destes exemplos temos centos por esta zona.

Estase a perder unha gran parte do noso patrimonio rural, un rural donde nacemos a maior parte dos galegos. Esperemos que os que lles correponda, desperten dunha vez e boten unha mán ao noso pasado.

viernes, 15 de febrero de 2008

NATUREZA CALDELÁ


O domingo estiven vendo as obras da nova minicentral da Electrica de Castro Caldelas, e botando unha ollada ao río descubrín esta fermosa fervenza. A pesar da pouca auga que leva o río Edo nestas datas, pódese observar unha caída de auga bastante fermosa, a de aproximadamente catro metros. Recunchos coma este deben ter un oco nas nosas retinas.

Seguro que ao longo de todo o seu percorrido o EDO agochanos moitos máis recunchos fermosos.

Habrá que descubrilos.

martes, 5 de febrero de 2008

O ESPELLO DO SIL







Sorprendeume a tranquilidade das augas. Estabamos coa barca no Sil a altura dos "Váles", onde facía tempo estiveron agachados os membros da guerrilla do Mario. Apagamos o motor para que acougasen as ondas que facíamos, esperamos a que sen voltasen a tranquilizar. A imaxe era espectacular. Decidín sacar a cámara e fotografiar ese momento. O resultado é esta foto. Unha posta de sol do máis fermoso.

"DERROCHE" DE SON.


O cuarteto de musica rock ourensán "Derroche", estase a facer un oco entre os grupos destacados da provincia. Están apostando forte e estalles a sair moi ben. Dous dos seus integrantes, o Cantate e guitarrista "Borja" e "Manuel" o outro guitarrista, son de Abeleda, aínda que actualmente viven en Ourense e Trives respectivamente. No último verán xa actuáron nas Festas de Santa Tegra, en Abeleda, e nas festas do barrio da Ponte, en Ourense entre outras moitas actuacións. A foto corresponde o concerto nas "Festas da Luz" en Santa Tegra. Dende aquí o meu máis sincero parabén e moita sorte no voso longo camiñar.

lunes, 4 de febrero de 2008

OS NOVOS INVERNOS


Lonxe quedan aqueles invernos nos que a neve duraba ata un mes. Invernos de xeadas, choivas e neves a esgalla. Eu non recordo iso, pero os máis vellos do lugar contan de nevadas nas que a neve dáballe polos xeonllos. A mediados do mes de decembro, achegueime por Chandrexa de Queixa e quedeime sorprendido do estado do encoro. A auga almacenada estaba por baixo do dez por cen, e ata técnicos de medioambiente achegáronse para comprobar o oxigeno da auga, xa que a vida acuática corría certo risco.

E QUE CUMPRAS MOITOS MÁIS...


Onte 3 de Febreiro foi o cumpreanos do meu pai. Xa van 54, pero desexo que sexan moitos máis. Como en calquer aniversario non faltaron as papatorias e os doces. Este ano a celebración foi un tanto extraña, sempre se fixo na nosa casa de Abeleda, pero onte collemos todo a marchamos para a casa particular do Cachín. Alí tódala familia e amigos pasamos un gran rato agradable.

viernes, 1 de febrero de 2008

O ENTROIDO



Estamos en tempo de Entroido, o estrondo dos petardos, os ruídos dos Folións voltan as rúas de calquer vila galega. Tamén volta os farelos a tinguír de branco calquer recuncho dos pobos. O domingo 27 de xaneiro estiven na Pobra de Trives, era o día dos "Folions", o ruxe ruxe das xentes facíase notar polas rúas, nos balcóns, e nas fiestras.

Decenas de bombos cos correspondentes mazaricos facían reventar os tímpanos da xente que se achegou ata esta vila.
Dende fai uns anos esta tradición estase a intentar recuperar.
Moitos pobos como Chandrexa de Queixa, San Lorenzo, Manzaneda xa formaron o seu folión e xuntanse para festexar o entroido.