Seguidores

jueves, 26 de mayo de 2011

ESPERANDO Ó TREN II

Outra foto da saga esperando o tren. Cando che deixan algo de tempo sempre hai que intentar aproveitalo. Non puiden sacar a máquina dentro deste amasixo de ferros pero polo menos non me viñen coa tarxeta baleira.

viernes, 20 de mayo de 2011

ESPERANDO Ó TREN

De verdade o estaba esperado, non para subirme a él senón para cazalo co obxetivo metido dentro desta mole de ferro. Agardéi un gran anaco pero non quixo ser fotografiado. Decidín desistir aínda que sabía que tarde ou cedo pasaría. Decidín dar unha volta e cando estaba algo lonxe da vía vexo que se acerca. Non me deu tempo. Así que tiven que conformarme coa ponte baleira.

jueves, 12 de mayo de 2011

ESTRUCTURA

Non é raro atoparse por toda a xeografia española con estructuras metálicas coma esta e incluso moito máis grandes, novas árbores artificiais que cada vez se instalan máis nos nosos montes e paixases.

lunes, 2 de mayo de 2011

SENDEIRISMO EXTREMO

Saímos da casa sen unha rota fixa, decidim seguir as augas dun pequeno regato pretiño da casa, unhas augas fresquiñas que se deslizan pola ladeira da montaña da Serra de Queixa, tras un descenso bastante pronunciado atopei coa desembocadura deste regato no río Dorelle, agora toca subir, seguir o curso deste río cheo de pequenos e grandes saltos naturais de auga.
Unha rota dura pero moi agradable para os sentidos, escoitar o zumbido da auga batendo coas pedras, e rodeado de natureza salvaxe fai que  a pesar do cansanzo, te relaxes.