Seguidores

lunes, 21 de mayo de 2012

NATUREZA EN EQUILIBRIO


A veces a natureza sorprendenos coas miles de formas que ten. Neste caso este pedrusco mantense en perfecto equilibrio sobre outros. Mesmo parece que pode caer pero podémonos subir tranquilamente a él que nin se move.

Neste caso tiro de arquivo e poño esta foto sacada coa cámara dun Nokia C7. De ahí que a calidade da imaxen non sexa toda o bon que eu desexaba.

Teréi que repetir andaina pola Serra de Queixa coa cámara para poder volver a fotografíala.

viernes, 11 de mayo de 2012

CRUCEIRO

Sigo, coas fotos sacadas coa cámara do Samsung Galaxy SII, a verdade que dá moito máis movilidade e sempre tes unha cámara con unha calidad bastante aceptable a mán. Así podo aproveitar momentos fotográficos cando antes non dispoñía de oportunidades para facelos.


Hoxe atopeime con este cruceiro no camiño, alí estaba medío agochado entre a arboreda do xardín dunha casa-pazo.

jueves, 3 de mayo de 2012

ESPERANDO A SER QUEIMADOS

Esta é unha proba da cámara da miña nova adquisición. Un Samsung Galaxy S II, que a parte de ser un Smartfhone tamén ten unha cámara moi aceptable.

Estes troncos de madeira almacenados para ser queimados no vindeiro inverno, para facer máis agradables as baixas temperaturas invernais da Serra de Queixa, na provincia de Ourense.