Seguidores

jueves, 24 de abril de 2008

O CAMBIO CLIMÁTICO


Xa era consciente diso, sempre procurei reciclar, separar o vidro e cartón dos materiais orgánicos. Pero desde fai unha semana abríronme moito máis os ollos. O peor de todo é que me fixeron ver unha crúa realidade que azouta ao noso planeta Terra. Fai unha semana a través dun curso de enerxías renovables na confederación de empresarios de Ourense (CEO), tiven a sorte de asistir a unha charla sobre o cambio climático segundo Susana Bayo, a encargada de mostrarnos dita realidade. É unha das 200 representantes do Proxecto Cambio Climático de Al Gore en España, para dar conferencias sobre o gran problema deste planeta. Puiden observar unha realidade que esta moi oculta para a gran maioría dos habitantes. Ver como se perden grandes masas de xeo nos polos, como desaparecen os poucos graciares que aínda nos quedan é realmente impresionante. Como sigamos neste ritmo, moi pronto converteremos a Terra nun auténtico invernadoiro. Fai dous anos, os científicos comunicábannos que no ano 2040 o Glacial Artico quedaría libre de xeo. Na actualidade estannos a decir que de seguir neste ritmo o desxeo total será no 2020. ¿Que pasará entón?¿Quen refrixera o noso planeta?.

Actos como este deberían estar presentes en moito mais lugares. Non cabe dúbida que concienciar á xente é facer que os políticos boten mans ao asunto. Mentres os cidadáns da pé non nos importe, eles non o tomarán en serio. Ata da gora todo son boas palabras, pero feitos vense moi poucos. Pouco importa pór o "dia da auga", o "día da Terra", e logo quedar coas mans cruzadas. Só me queda dicir que entre todos debemos coidar o noso planeta, que é a nosa gran casa. É que... a terra esta pedindo oxigeno a berros.

3 comentarios:

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Moi boas Javier. Eu tamén teño a asistido a unha das charlas de Susana e a verdade é que case "acojonan". Por certo, é unha moi boa amiga miña e ten un blog moi bo. Se o queres visitar pásate por http://bayobesteiro.blogspot.com/
Unha aperta

Javier Diéguez López dijo...

Grazas Eladio pola dirección do blog. Sen dúbida que me pasarei a ollalo. Estou contigo en que as cousas que saen na charla "acojonan".
Un saúdo.

Susana Bayo dijo...

Ola Xavier!
Gracias pola tua apreciación da miña conferencia , esto demóstrame que é efectiva. O teu blog é moi interesante, visitareino a miudo.
Un bico.