Seguidores

lunes, 21 de abril de 2008

A PRIMEIRA ANDAINA DE MONTERRAMO, PASADA POR AUGA.


A primeira andaina polo concello de Monterramo, celebrada este fin de semana, estivo marcada pola mala climatoloxía. Choiva, vento e ata neva nas cotas máis altas estiveron presente a longo do percorrido. As duras condicións climatolóxicas obrigaron a atender a varias persoas por hipotérmia ao longo da proba, aínda que por contra, os camiñantes puideron gozar dunha paisaxe impresionante no percorrido previsto polo Concello de Montederramo, organizador da andaina. Ademais, ao chegar a meta, os participantes puideron degustar un caldo quente, seguido de empanada, "perritos calientes" e bica, todo iso, do mesmo xeito que os avituallamentos, ofrecido polo Inorde, que colaborou no feliz desenvolvemento do evento deportivo.

Os participantes inscritos eran sobre uns 400 dos cales só tomaron a saída aproximadamente 200. Pódese decir que o evento foi un éxito, tendo en conta o mal tempo que vai estes días.

2 comentarios:

Lucía dijo...

Hipotermia??? Diosss!!! :) un saudo, Javi.

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Boas, eu estaba inscrito e como coñeco un pouco o San Mamede rajeime a última hora, e así nos pasou a metade dos inscritos.

Tiveron que recortar os quilometros máis duros e altos do camiño e ainda así...

Pero houbo moi bo ambiente, que nós tivemos que ir tocar a tarde e a xente a pesar dos pesares estaba animada.

Saúdos