Seguidores

lunes, 28 de julio de 2008

UNHA TARDE DE DOMINGO NO SIL

O domingo despois do Santigo, Carlos, Cesar, Lúa, Dani, Vero e máis eu, xuntamonos coa intención de pasala tarde no Sil, dándonos un chapuzo e unha volta na barca polo río. Pero iso non era todo e levamos con nós un xoguete. Collemola barca no embarcadoiro da Ponte do Sil, e diriximonos polo río ata Barxacoba. Ali o Sil faise máis ancho e polo tanto era un lugar axeitado para probalo noso xoguete. Soltamos corda, puxemos o chaleco e un por un fomos montando no "donut". Deixovos un anaco do video para que vexades como o pasamos. Seguro que voltamos a repetir.

5 comentarios:

Natalia dijo...

Nos estabamos en Barxacova tomando o sol e nos destes moita envexa (da sana por suposto) a verdade e que alí estase de maravilla e a auga ten unha temperature increíble.

Javier Diéguez López dijo...

Si había xente do Castro alí. Pero dende a barca só coñecin a Juan Luis, e Pedro.
Un saúdo.

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Éramos os tres que estábamos. é un flipe de sitio, o único problema é o paseiño que hai que dar, sobre todo á volta...

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Ah! saqueivos unha foto, se a queres mándame un mail a maiscargadadebombo@gmail.com

Anónimo dijo...

1º ROCK IN RÍO - SAN XOÁN DE RÍO

Mostrase a continuación o programa do primeiro Rock in Río de San Xoán de Río que se celebrará o próximo sábado 9 de agosto.

17:00 horas - Pavillón de San Xoán de Río - 1º Abertiño de Billarda de Río.
Estar as 17:00 horas no pavillón para apuntarse e xogar.
Organizado pola "Liga Nacional de Billarda".
Colaboran: Vieiros e Novas da Galiza.
Premio de queixo, viño e bica.

+ info: http://ovaral.blogspot.com/


18:00 horas - Praza do Concello - Animación Sociocultural para os mais novos.


23:00 horas - Campo da festa - Concertos

CUCHUFELLOS
http://www.cuchufellos.com/

SKARNIO
http://www.myspace.com/skarniogz

SKACHA
http://www.myspace.com/skacha


Zona de acampada de balde