Seguidores

jueves, 25 de septiembre de 2008

COMENZA A VENDIMA NA ABELEDA


ADEGA CACHÍN, coa marca Peza do Rei deu comenzo a vendima na súa mítica viña que lle da nome o seu destinguido viño. Unha viña que foi rescatada do olvido pola familia de Cesar Enriquez actual xerente da adega.
Este ano a vendima presentase con menos uva que en anos anteriores, pero mantendo a mesma calidade ou mellor.
De seguido deixovos un texto publicado na Voz de Galicia no ano 2003, donde Cesar nos fala do seu exquisito viño.


A VOZ DE GALICIA, SET. 2003
-Ten unha cor atractiva, de capa entre media e alta. É moi aromático e ao bebelo é suave e amplo ao mesmo tempo, cun repunte de acidez que o fai longo. -Atopa todo iso na copa o consumidor? -Normalmente, non. Aos consumidores o viño gústalle ou non. Elixen unha marca a diario, á que adoitan ser fieis. -Elabóranse viños pensando nas catas onde se deciden premios? -Hai que pensar sempre no consumidor, que ten a última palabra. Catar é outra cousa, e moi difícil. -Como se consegue a fidelidade do cliente? -O máis importante é manter unha regularidade nos viños. O que atopa unha marca que lle gusta non anda cambiando, pero tes que ofrecerlle unha calidade, Aínda que non sexa un catador, o consumidor sabe moi ben o que lle gusta e o que non. -Galicia non é o mellor escenario para conseguir a regularidade nas colleitas. -Aquí é bastante difícil, hai que seleccionar moito a uva que entra na adega. Na vendima cada un márcase unha meta. Uns pensan máis en encher as cubas e outros buscan manter o nivel de calidade do viño. -Peza do Rei é o viño máis premiado desde a posta en marcha da Mostra dos Viños da Ribeira Sacra. Cal é a receita? -A viticultura marca as diferenzas e así debe ser. O que distingue a uns viños doutros é a materia prima. Aínda que tamén compra algunha uva, aos nosos viños dálle personalidade a Peza do Rei porque alí controlamos a madurez da uva, -Como se consegue unha vendima en condicións? -Hai que superar moitos erros, o primeiro a sobrecarga de produción. O segredo dos viños está en non pasarse na produción da cepa, repartir ben a carga para que a uva estea ben aireada e teña suficiente insolación. Así se reduce a incidencia das enfermidades e se vendima antes. Adiantarse a finais de setembro para vendimiar é importante porque a partir dese momento sempre veñen choivas. Se sacamos unha uva madura iso tradúcese na calidade dos viños, e para conseguilo fai falta unha viticultura profesional que controle a produción. -Dos tres tintos premiados na cata de Ribeira Sacra dúas son da Teixeira e Trives, municipios polos que ninguén apostaba fai uns anos. Que pasou? -Salvo catro ou cinco que seguen dándolle voltas ao asunto, a maioría da xente entendeu que o primeiro é o nome con que se faga a adega, e logo a denominación de orixe. A mellor garantía é a marca do viño e a contraetiqueta de Ribeira Sacra. Nas botellas de Peza do Rei nunca se mencionou a subzona de procedencia e penso que como idea funcionou ben.

1 comentario:

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Daremos boa conta do viño. A ver que tal sae este ano