Seguidores

jueves, 30 de octubre de 2008

O DÍA DOS MAGOSTOS. PRIMEIRA APARCIÓN DOS "FUXIDOS" NA ABELEDA.


No ano 1947 non se celebraba aínda este MAGOSTO tan rumboso; pero moitos aínda recordan a data, pola forte impresión que se produciu no pobo a primeira visita dos ATRACADORES, que agora moitos adoitan chamar "OS FUXIDOS". Á marxe de idealismos ou ficcións, a realidade é que o pobo viviu unhas horas atemorizado, co resultado de varios feridos a golpes, e un de bala, Don Luciano, o Cura, que se salvou de milagre coa fuxida. Levaron diñeiro, que é o que buscaban, ademais de sementar o terror. Isto ocorreu á noitiña do día DOS MAGOSTOS de 1947.


Así relata, D. Carlos Costoya este suceso no pobo de Abeleda.

1 comentario:

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Perdoa Javi pero difiero moito da túa visión deste feito e da de Carlos Costoya. Para falar dun feito histórico hai que ter máis fontes de información e máis coñecementos da intrahistoria das nosas terras e desa época, na que aconteceron moitas "cousas" que nunca se escribirán nos libros, pero que che poderan contar moita xente maior. Hai que escoitar ós dun bando, ós do outro, ós que estaban no medioe ós que pasaban por alí, e non só a unha persoa que dá unha visión sesgada dun acontecemento.
Unha aperta