Seguidores

lunes, 22 de septiembre de 2008

CHEGOU O OUTONO.


Acabamos de entrar no outono, aínda que se botamos unha ollada as árbores da comarca, sobre todo aos carballos, pareceranos que fai tempo que xa estamos nel. Grazas a unha praga de insectos que sufriron durante todo o verán, as follas teñen a típica cor marrón outonal, e levan con esa mesma cor case todo o verán. Segundo os técnicos ambientais, débese como dixen antes, a unha praga de insectos, que debido ás condicións de humidade que sufrimos durante todo o verán proliferaron ás súas anchas. Nalgúns lugares intentaron combatelos fumigando desde avións e elicopteros. Esperemos que só sufrisen as follas e se póidan recuperar para a próxima primaveira, e nos mostren o verdor tan especial que teñen as nosas montañas.

4 comentarios:

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

A verdade é que o dos carballos xa empeza a ser preocupante, porque hai un par de anos empezábanse a ver algúns pero agora hai zonas nas que non queda un sano, por certo xa hai tempo que me fixei que por onde está a Peza están todos apestados.

Saúdos

Javier Diéguez López dijo...

Tes razón, quizás sea a zona máis afectada. Parece que pasou o lume por eles.

Eladio Osorio Montenegro dijo...

A praga está xeneralizada por toda a provincia e no sur de Lugo, polo que eu levo visto

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

A verdade é que non son moi observadora, pero este verán, facendo parte da ruta de Lumeares, quedeime alucinada co dos carballos. Ós poucos días estivemos xantando no Algueira e Fernando comentounos que era como unha MAREA NEGRA. Ó principio pensei que exaxeraba, pero agora non estou tan segura!