Seguidores

martes, 10 de junio de 2008

SANTA MARTA, UNHA ALDEA QUE DESTRUIRON.


Esta foto aínda que quixeramos repetila sería imposible. Foi sacada en agosto do 2002, en Santa Marta, un pobo que foi desaloxado trala construción do encoro de Santo Estebo, por medo a un posible derrumbamento. Fai uns meses decidiron borralo do mapa, e despois duns días de traballo de escavadoras e camións quedou reducida a unha ampla chaira non medio do monte. Aí quedou unha igrexa, casas enteiras, palleiras, alpendres. Aí quedou un pobo.
O contrarío que noutras zonas de Galicia, que reabilitan aldeas enteiras (poño de exemplo a Aldea de Couso, en Sarreaus), aquí prefiren borralas, borrar un pasado, destruír unha cultura.

8 comentarios:

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

O outro día cando fun facer a rota de Lumeares quedei flipado can me enterei disto, e ainda non salgo do meu asombro... imaxino que legalmente terán dereito, por ser os propietarios, polo menos de parte, porque non sei ata que punto por exemplo a igrexa era deles,... pero repito non salgo do meu asombro

Anónimo dijo...

E o concello da Teixeira que dí o respecto?

Javier Diéguez López dijo...

Segun teño entendido, os concelleiros do Psoe na Teixeira, quixeronse opoñer a este "Crime", pero como son minoria, fronte os do PP, non se lle fixo caso.

Lucía dijo...

Qué pena...Supongo que si se tiró todo será para construir o habilitar algo ahí porque...qué sentido tiene?

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Alucinada me quedo con lo que estoy leyendo. No tenía ni idea de esto y me parece una lástima. Santa marta, aunque en ruinas, era un paraje muy bello y especial (como todos los pueblos abandonados). Yo no sé si irán a hacer algo ahí, pero resulta absurdo que primero desalojen por las grietas que aparecieron y que interpretaron como señal de peligro y que ahora pretendan que sí se haga algo en ese hipotético espacio peligroso. Una pena grande, grande

Javier Diéguez López dijo...

Dudo moito que se volva a facer algo nese lugar.
Estou con altazor.

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Eu non son deses que pensan mal como norma pero só se me ocorren dúas razóns: 1, para que non volvan ocupar as casas 2 que usaran a pedra para facer algo noutro lugar.
En todo caso paréceme moi triste que se borre un pobo do mapa deste xeito.

Oscar Gonzalez dijo...

Máis datos sobre Santa Marta... No século XVIII fora tamén desaloxada Santa Marta debido a un corremento de terras. A aldea abriuse daquela ó medio... Hei buscar o dato que atopei eu no Arquivo de Ourense... A historia sempre se repite... óscar