O pasado día 1 de Febreiro, este blog cumpriu o seu primer aniño de andaina por estas terras de Internet. Espero que entre o tempo e todos vós, sigades apoiando para que este recuncho siga adiante.
Nacín en Castro Caldelas, pero sempre residín en Abeleda, ata que para estudiar tiven que desprazarme a cidade de Ourense. Neste recuncho galego pasó toda a semán por mor do traballo, pero non podo esquezer as miñas raíces e todos os venres me escapo para o meu pobo. Quen me coñeza sabe que me apasiona a tecnoloxía, e que son informático. Tamén me gusta a fotografía e o futbol, e considerome merengue 200%, e como non, sempre que podo non me perdo os partidos do Caldelao.
Neste anaco de internet que reservei para mín, escribirei cando o tempo me deixe, cousas relacionadas con todo o que me rodea.
2 comentarios:
Pois noraboa Javier... e que sexan moitos máis
Eso, felicidades, pouco a pouco os blogs da zona vamos deixando atrás os pañales. Espero que cheguemos á maioría de idade. NOraboa
Publicar un comentario en la entrada