Seguidores

viernes, 16 de mayo de 2008

O POMBAL DO COUTO


Medio en ruinas, temos na foto este pombal. Situado no Couto, pertenceu no seu día o Pazo dos Taboada. É o único que temos en todo o val de Abeleda, e non debería de desaparacer. Creo que as administracións locais debería botar man a estas construccións que estan en poder de propiedades privadas para restauralas, e despois poder ofrecer algún servizo con elas,(Ben sexa de oficinas de turismo, exposicións, etc...)cobrando unha pequena entrada pola súa visita, para financiar o custe do seu mantemento. Sería unha forma de non perder o noso patrimonio nin a nosa cultura.

11 comentarios:

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Estou de acordo contigo en que hai que recuperar o noso patrimonio e con iso non so falo dos grandes monumentos.

Por certo non é o unico pombal xa que no mosteiro de san Paio hai un ainda que on teña esa estructura tan característica.

Por último un recordo dunha excursión do colexio (a que o mellor ti tamén viñeras) na que nos levara Donjo (o cura do Castro), e quedoume marcado aquelo de "capelas, palomar e Ciprés. Pazo es"

Saúdos

Javier Diéguez López dijo...

Recordo esa frase. Pero non dita por el. Creo recordar que fora a mestra de Galego Dª Elsa. Agora unha preguntiña. Onde está ese pombal? se che digo a verdade nunca o vin, e non sería polas veces que fun a ese mosteiro. Agradeciríache que me dixeras onde está. Acabo de quedar bastante abraiado.
Sempre pensei que ese palomar tiña algo que ver co mosteiro. Xa que os Taboada tiñan bastante influencia no mesmo.
Un saúdo e grazas de ante man.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

estou totalmente de acordo co que dis, Javier. É unha pena ver como deixamos que se perda parte do noso patrimonio, pero quizás non só as administracións poden facer algo. Eu penso que ti, coas novas que sacas na túa bitácora, estás axudando a que os que te lemos non esquezamos as cousas que temos (vaia rima me saiu!) polo tanto tamén axudas porque nos removes a conciencia. Oxalá que esto sexa un primeiro paso para algo máis importante

Lucía dijo...

ayayayayay! Qué morriña!! Las excursiones del Donjo y las clases de gallego de doña Elsa...Bueno, me acuerdo cuando pasaba días en el Couto en casa de mi abuela y nos íbamos con los tíos y primos a dar paseos hasta la curva del Palomar... Pues sí que daría mucha pena que todas estas estructuras antiguas cargadas de historia, no solo el palomar, se dejaran morir poco a poco. Tanto el monasterio de San Paio, como el pazo ése que hay en el Couto o el palomar; además de restaurarlos, se les puede sacar provecho. :)

Anónimo dijo...

javier ai outro palomar na teixeira o palomar do mosteiro esta segun entras a man esquerda no edificio do medio un saudo

Javier Diéguez López dijo...

Grazas anónimo, pola túa información. Joerrr, parece que non son desta zona, jeje. Tamén en Santa Tecla, este fin de semana pareceume ver outro, teño ir dar unha volta para cerciorarme.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

O pombal de Santa Tecla está situado no Pacio e sí ten que ver coa casa dos Taboada do Couto, xa que tanto a casa como as propiedades eran deles

Javier Diéguez López dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Javier Diéguez López dijo...

Polo que dis ti "Anonimo", entón debe estar situado na finca da casa da señora Celsa, a abuela do Ramón. Non si?
Si me equivoco rectificamo.
Grazas de novo e un saúdo.

Anónimo dijo...

Non exactamente. Está situado nunha propiedade dunha cuñada do Elías (Correos), si ben nun principio era propiedade da Casa do Couto (Luis Taboada, tío de D. Ricardo) tanto esta coma a que ten a Sra Celsa. Un saúdo.

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.