Seguidores

martes, 13 de mayo de 2008

NO PAIS VECIÑO


Este fin de semana, estivemos no pais veciño Portugal. Digo estivemos porque fun acompañado coa miña parella e uns amigos. Deixovos o itinerario que fixemos.

Subimos pola estrada lado a lado coa ría dirixindonos á localidade de Costa Nova onde nos aloxamos. A visita a este lugar é imperdible, pois aquí están situadas as típicas casas pintadas de cores fortes e a raias verticais (sempre branco e outra cor, normalmente amarelo, vermello, verde ou azul), o nome común destas son "palheiros". Actualmente esta localidade está moi envorcada co turismo e ten fortes ligaduras co pasado ancestral do distrito de Aveiro.

Ese mesmo día visitamos Aveiro. Este concello debe moito á súa excelente situación xeográfica, que lle permitiu un espléndido desenvolvemento debido ás actividades de salgadura, de pesca e de comercio marítimo. Entramos na cidade pola súa zona principal ( O Rossio) onde puidemos ver que a ría atravesa a cidade en forma de canles creando unha paisaxe única que interrelaciona a auga co medio urbano. Alí cerca temos unha das innovacións dos últimos tempos, o Forum Aveiro, un centro comercial bastante grande e con numerosas tendas modernas. Nos barrios da ribeira atopamos a simbiose da auga e do urbano, con pequenas casas revestidas de azulexos, que deixan reflectar a auga. Rúas estreitas condúcennos a moitas pastelerías que teñen os seus escaparates cheos dos típicos "ovos moles". Ao día seguinte dirixímonos (xa achegándonos a Galicia) ao Porto, a segunda metropole de Portugal. A cidade do Porto situada na desembocadura do río Douro. O primeiro que quería visitar e chámome a atención foi o seu casco antigo, que está nun outeiro desde a beira do río, cheo de callejuelas estreitas, algunhas a verdade moi abandonadas e fachadas e cristaleiras necesitadas dunha boa rehabilitación (algo que non esperaba, logo de ser nomeada Capital da Cultura no 2001 e ser considerada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Sorprendeume de verdade esta cidade, sabía da difencia de cultural entre as propias xentes do lugar, pero o que non me imaxinaba era o descoidada e sucia que estaba a cidade. Case sen máis tempo visitamos moi rápidamente o resto de monumentos da cidade, e as seis pontes que cruzan o Douro.

3 comentarios:

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

¡Que bonito Porto e que bos recordos me trae! A última vez que fun estiven cos meus irmáns comendo un exquisito arroz con bogavante (inda salibo cual can de Paulov cando me lembro) precisamento ó lado do Douro, cerca da ponte da foto (porque si non me equivoco é a de Porto ¿non?). Dame un pouquiño de envexa sana a tua viaxe, encántame Portugal e agora que traballo pegada a "rayiña" vou con máis frecuencia. Recoméndovos Lisboa, por suposto, e Monsanto, un puebliño precioso con casas de pedra feitas sobre xigantescos penedos, ah, e tamén que probedes o polbo guisado con arroz. Mmmm, riquízimo

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Esquecinme de comentar que eu tiven en Porto a mesma sensación que ti describes o cal non impide que me guste por ese aire decadente que ten, nada que ver con Lisboa.

Javier Diéguez López dijo...

Grazas polo teu comentario Altazor e a túa recomendación. Teño ganas de ir a Lisboa, espero que nun futuro non moi lonxano cumpra con esa visita. Con respecto a Porto, e pese a sensación que me causou, quero aclarar de que e moi bonito.
Un saúdo.