Seguidores

martes, 20 de mayo de 2008

LEVANDO O "CASTRO" POR ASTURIAS




Como podesde ver(se pinchades na foto, xa que así non se aprecia), leveime o Castro de ruta polos Picos de Europa. A foto esta sacada na ponte "De los Rebecos" na ruta do Cares.
É unha senda que percorre a garganta do Río Cares é a ruta de sendeirismo máis espectacular e coñecida do Principado de Asturias.
Discorre entre as localidades de Poncebos e Caín (León), sendo tradicionalmente a única comunicación entre ambos os pobos durante os invernos de intensas nevadas.
A senda, escavouse artificialmente na rocha para a canalización do Cares e o seu aproveitamento hidroeléctrico na Central de Camarmeña-Poncebos (1916-1921).
O trazado do percorrido é bastante chan, salvo uns repechos no inicio.
Iníciase a ruta cunha curta pero empinada subida pola esquerda do Río Cares ata Os Collaos, punto no que se descende ata atopar a senda escarbada na rocha que neste punto está xunto á canle.
A partir de aquí a senda é practicamente chá. Tras cinco quilómetros, chegamos á majada de Culiembro, de onde parte a canle do mesmo nome que sobe cara aos portos de Ostón.
Seguimos camiñando, e podemos apreciar que aumenta a altura respecto ao río, chegando despois á ponte de Bolín, onde cruzamos o río a gran altura, volvendo cruzarlle pouco despois pola ponte dos Rebecos.
Para rematar, percorremos unha zona de túnel con ventás escavado na roca, na zona máis angosta do percorrido e chegamos á presa de Caín, onde empeza a abrirse o val e iremos vendo as casas de Caín.
Duración da ruta entre 6 e 7 horas.
Sen dúbida unha das rutas máis fermosas que percorrín, e que recomendo facer, iso si, se tedes vértigo non a recomendo, xa que hai puntos nos que realmente se sente a altura.

4 comentarios:

Eladio Osorio Montenegro dijo...

Teño que falar contigo desta ruta. Levo tempo pensando facela e gustaríame que me contases como che foi. Se podes mándame un correo a caldelao @ mundo-r.com e falamos

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Boas, dúas cousas:

o do pombla eu referíame ao que hai dentro do mosteiro, que aínda que é tal non ten unha estructura típica coma a destes, pero se non recordo mal ó entrar a man dereita ahi unha pequena esleira entre dúas paredes que te leva a dentro e entón podes ver como era a estuctura interio coma se fose un boetelleiro.

Respeto a ruta do Cares a ver se nos informas, porque andamos interesados uns cuantos en ir aló e a ver como fixeche a volta, porque seica hai un servicio de bus. Ah e felecitacións pola entrada.

Saúdos

Javier Diéguez López dijo...

A volta fixena outra vez pola mesma ruta. Xa que a mañan cedo cando cheguei a Poncebos e preguntei que opcións tiña para a volta, dixeronme que había uns todoterrenos que facian a ruta de volta, pero que tiña que reservar con antelación. Había a opción de coller un taxi que che facilitaban o número de tlf, pero o custe era de 100 €, casi nada, xa que o traxecto por carretera e lonxe. Do servizo de bus, non me comentaron nada.
Pero xa che digo, eso foi, información de última hora antes de arrancar, tampoco merei moito ise tema. De todas formas, se facedes a ida a maña, comedes en Caín, e logo a tarde facedes a volta, levase bastante ben.
Calquer outra cousiña, preguntade.
Un saúdo.

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Moitas gracias.

Éu co bus referíame aos todoterreos que ti dis, sabia que había un srvicio para volver en coche, e non sabía en concreto cal, e por certo un pouco caro.

Saúdos