Seguidores

sábado, 15 de junio de 2013

UN GRAN CAMBIO EN MI VIDA.

Hola amigos, y seguidores. Como seguramente ya habéis comprobado llevo mucho tiempo desaparecido en combate por estos lugares. Hace un mes os he presentado a Leyre, y hoy os voy a dejar otra foto de ella. Ese es el gran cambio en mi vida. Un cambio que me ha quitado mucho tiempo para estar con todos vosotros, poder visitar vuestros blogs y hacer los comentarios que tanto me apetecen. Pues noooo, ahora de momento no puedo, este angelito es un imán que me atrae hacia ella cada vez que tengo un momento libre. Por eso, os tengo tan abandonados, hoy estuve visitando muchos blogs, a unos le he podido escribir pero a muchos otros no.
Lo que si tengo claro que en este lugar puedo decir que tengo una familia virtual, unos amigos que aunque no os conozco personalmente, me apetece pasar un ratillo con vosotros. Confío que poco a poco pueda volver a la normalidad del blog.

A partir de hoy, cuando publique en este blog lo haré en castellano, la mayoría no sois gallegos y os costará mucho entenderme. A mi me pasa cuando escriben en Catalán, y otros idiomas.


Bueno y ahora la foto de la peque dos meses después de nacer.
Un saludo a todos y gracias por seguir por aquí de seguidores.

miércoles, 1 de mayo de 2013

LEYRE

Hola compañeiros.
Presentovos a Leyre. Este é o principal motivo polo cal teño abandonado este espacio dende hai un tempo. Ela roubame o pouco tempo que me quedaba libre.

De vez en cando sigo entrando nos vosos blogs, eso si sin comentar porque son poucos minutos dos que dispoño, e quero seguir contemplando as vosas maravillas. Espero volver a tomar as rendas deste proxecto que tanto tempo me quitou e tan pouco tempo dispoño ahora seguir mantendo vivo. Un saúdo e perdoade por non poder comentar as vosas entradas. Un abrazo moi forte para todos.

lunes, 18 de marzo de 2013

UN TEMPO DESCONECTADO.

Hola compañeiros e amigos. Como vedes teño algo abandonado o blog e sobre todo a visitas aos vosos para poder comentar as entradas que todos facedes. Pero por diversos motivos ando moi pillado de tempo e cando hai que roubar tempo sempre se lle rouba aos hobbyes. Esto é o que me esta pasado.

Prometo que cando esté un pouco liberado voltarei, tanto a publicar fotos como a visitar todos os vosos blog. Un saúdo e ata pronto.


Hola compañeros y amigos. Como vereis tengo algo abandonado el blog y sobre todo las visitas a los vuestros para poder comentar las entradas que todos haceis. Pero por diversos motivos ando muy pillado de tiempo, y cuando hay que robar tiempo a algo siempre se le roba a los hobbyes. Esto es lo que me pasa a mí.

Prometo que cuando este un poco liberado volveré, tanto a publicar fotos como a visitar todos vuestros blog. Un saludo y hasta pronto.

sábado, 2 de febrero de 2013

LUSCO E FUSCO

Aproveitando as últimas pingas de luz do día para sacar fotos. Entre elas esta de siluetas de árbores variadas.

lunes, 28 de enero de 2013

UN RAIO DE SOL ENTRE AS NUBES

Dicen que despois da tormentan sempre ven a calma. Aquí, ainda non acaba de chegar pero o sol ya facía un esforzo para filtrarse entre as intensas nubes. O resultado este Arco da Vella.
Quero agradecer con esta entrada a todos os seguidores deste blog, a todos os que visitades este espacio asiduamente e sobre todo a os que perdedes un pouco de tempo deixando os vosos comentarios, uns comentarios que sin eles calquer blog deixaría de existir. Moitas gracias a todos.

sábado, 19 de enero de 2013

METALURXICA

Facendo espera para ver por primeira vez a miña filla nunha Eco 4D, paseando polas rúas da cidade atopeime con esta Metalurxica en total abandono. Non ía preparado con cámara así que, outra vez máis a tirar de movil.

Algún día mostrareille a foto que fixen mentres esperaba moi ansioso por vela.

martes, 8 de enero de 2013

SERPENTEANDO A RIBEIRA SACRA

Voltamos a empezar a andaina fotografica do 2013. Empezo celebrando a chegada de 200 seguidores, sen duda unha boa forma de empezar o ano.
Aproveitar para felicitar a todos os que entrades e comentades este espazo o año que acaba de comenzar e desexo que todos sexades moi felices neste 2012+1. FELIZ AÑO 2013 A TODOS.

lunes, 17 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS

Non sei si cerrarei o ano con esta fotografía, pero... o que si quero facer e felicitar estas festas a todos vós. A todos os que me seguides, a todos os que me visitades e sobre todo..... a todos vós que perdedes un ratiño do voso tempo en comentar a miñas fotografías. A TODOS VOS FELIZ NADAL. // A TODOS VOSOTROS FELIZ NAVIDAD.


domingo, 9 de diciembre de 2012

FIN DA TEMPADA?

Xa se empezan a ver poucos, cada vez menos, será que se termina a tempada?. Bueno aquí queda unha mostra dun paseo outonal, non son comestibles, pero si que son moi fermosas.

domingo, 25 de noviembre de 2012

PANORAMICA OUTONAL

Panorámica nun día de outono dunha das montañas que rodean o meu pobo, situado na Ribeira Sacra Ourensá.

sábado, 10 de noviembre de 2012

IZAN

O meu sobriño. ¡Que difícil sacarlle fotos a este "terremoto"!!!!! Pero bueno con paciencia algunha sempre sae. Este é un pequeno agasallo de cumpleanos que estar a caer. 2 ANIÑOSSS. Un biquiño.

sábado, 27 de octubre de 2012

NATUREZA INERTE

Unha foto expontánea, disparando co movil, desde un coche e en movemento, xogando a ver que saía, despois recortando as partes que non se aproiventaban o resultado fói este. Unha mostra de natureza inerte nunha tarde de outono na Ribeira Sacra. (Por certo non ía conducindo eu je je.)

lunes, 22 de octubre de 2012

A ÚLTIMA BARREIRA

Sempre se nos presentan barreiras, algunhas máis difíciles de superar que outras pero sempre, sempre habrá unha última.

viernes, 12 de octubre de 2012

ANOITECER NA SERRA DE QUEIXA

Non sempre levamos a Reflex con nós, pero por sorte cada vez son mellores as cámaras que incorporan os nosos móbiles.  Sempre son garantía de que si se presentan situacións que merecen a pena pararse e sacar unha foto só tes que meter a mán no bolsillo do pantalón, chaqueta etc... e improvisar cos nosos móbiles. Esta é unha de esas fotos.
Dedicada a todos os seguidores que cada día perdedes un tempo escribindo os comentarios que tanto axudan a manter este blog activo. Moitas Grazas.

jueves, 4 de octubre de 2012

MIRADOR PENAS DE MATACÁS.

Como non.... non podía faltar fotos da miña terra, a Ribeira Sacra Ourensá que tantos espacios ten escondidos para mostrar os viaxeiros. Cada ano son centos e centos de visitantes que veñen a disfrutar desta paraxe, e espero que este número siga en aumento. Deixo esta foto do mirador das "Penas de Matacás", na aldea de Paradela, concello de Castro Caldelas. Espero que vos guste.

sábado, 29 de septiembre de 2012

NACENDO NUN MUNDO VERDE

Ahi estaba, abrindo a súa vida nun mundo rodeada de cor verde.

viernes, 14 de septiembre de 2012

FIN DA PARADA

Algo máis tarde do previsto, regreso o mundo do blog. Foi unha parada larga para desconectar un pouco. Ahora toca novo curso, tanto en traballo como nos hobbyes, e para que todo vaia sobre rodas.... que mellor que empezar con unha imaxen dunha roda. Un saúdo a todos de novo. En breve esterarei poñendome o día con todos os vosos blogs.

jueves, 2 de agosto de 2012

UN DESCANSIÑO

Paradoxicamente nos tempos que estamos eu son un dos poucos afortunados que teño bastante traballo e non teño data exacta de cando podo coller as vacacións. No que sí me pegarei un descansiño e neste blog, no cal  estarei desconectado neste mes de agosto. Tamén deixarei un pouco de lado os comentarios nos blogs de todos vós os meu compañeiros que sigo habitualmente. Cando volva tentarei de poñerme ao día nos comentarios. Un saúdo e desfrutade das vosas vacaciones.

martes, 24 de julio de 2012

LISTA PARA VOAR

De supeto atopeime con este animaliño,  ainda non sabía voar, abría e pechaba as ás pero non chegaba a voar. Debía facer pouco que acabara a súa transformación.
Colleume de improvisto e só puden tirar de móvil para poder sacarlle algunhas fotos. Una delas e esta.

martes, 17 de julio de 2012

CRÍA DE ANDURIÑAS (GOLONDRINAS)

Sabía que tiñan que ter cria, non paran de sair e entrar os pais uns trans outros. Estiven observando durante un tempo e puiden escoitar que o chegar ca esperada comida eles piaban. Puxenme en acción, collin unha escada e alí me subín coa reflex, a seis metros de altura. Tiña algo de medo que me os pais puidesen  verme e deixar abandonado o niño. Cando cheguei xunto a eles descubrin que eran catro, catro paxariños con moitas gañas de comer. Molesteinos un pouco co flash, non moito tempo porque podían voltar os seus pais. Ainda así pillaronme cas maos na masa pero parece que non lles importou. Revolotearon arredor miña un anaco pero o final todo seguiu igual. Este e o resultado.