Seguidores

lunes, 30 de junio de 2008

CAMPEONS DE EUROPA


Xa non é un soño, e unha realidade. A Selección Española de futbol fixose onte a noite coa Eurocopa. Os rapaces de Aragonés traballaron moi duro para conseguir este título que se lle resistía dende hai moitos anos. Xa voltaron a escribir unha páxina na historia do futbol europeo.
Noraboa.

lunes, 23 de junio de 2008

CASILLAS E A ROXA VOLTAN A ILUSIONAR.


Co berro de PODEMOS, PODEMOS, a selección española vai pasando partidos e máis partidos, clasificamonos para cuartos, aquí tocounos o eterno rival, esa Italia que tantos dores de cabeza nos leva dado. Pero bueno, onte despois de sufrir todo o partido, toda a prórroga chegaron os penaltis. Diante tiñamos a Buffon, presumiblemente o mellor porteiro do mundo. Eles tiñan a Casillas supostamente o segundo mellor do mundo... e chegou a tanda. Casillas que xa fixera dúas paradas para enmarcar durante o partido sacou unhas mans imposibles e parou dous penaltis...
o final creo que xa todos o sabedes, estamos en SEMISSSSSS.
E ahora preguntome eu. Quen é mellor porteiro do mundo???
O porteiro do Real Madrid fai historia ca Selección.

VENDO O RALLYE NO CANON DO SIL


Bueno chegou o día, era hora de ir ver o Rallye de Ourense no tramo do Canon do Sil, para mín, o mellor de toda a proba sen dúbida algunha. Arrancamos dende Abeleda, o Cachín (neto), eu, Pablo (meu irmán) e o Xose, un amigo de Pablo, dirección a Cristosende, e alí debatimos en que curva poñernos. Non o tíñamos moi claro, eso sí... que estuvesemos seguros. Despois de moito debatir e paseiño para riba, e para baixo quedamonos duas curvas debaixo da do mirador. Alí aconteceu o do video. Todo o mundo levou un gran susto, xa que o coche quedou xusto no borde do barranco, un desnivel que polo menos tiña uns 15 menos. Se o coché vai un so metro máis, posiblemente estivesemos a falar dunha nova traxedia nos rallyes galegos.
Eso sí, dende aquí mandolle os parabens a organización polo bon traballo de seguridade que fixeron.
video

jueves, 12 de junio de 2008

QUENTANDO MOTORES


Achegase a data máis importante con respecto o deporte do motor na provincia de Ourense. Os días 20, 21 e 22 de Xuño, disputarase a 41 edición do rallye de Ourense puntuable para o campionato nacional de rallyes de asfalto.
Asi que todos a quentar motores que se achega a data. Eu non mo perdo!!!!!.

miércoles, 11 de junio de 2008

DE VERDADE PENSAMOS ISTO?


Que doado se nos fai darllela volta a manta. Resulta que fai unha semana a Selección Española non ía a gañar nin pa pipas na Eurocopa. Onte metemoslle 4 os rusos e de supeto ós comentarios pola rúa e na prensa que che fan pensar... De verdade pensamos isto todos?
-España ten moitas posibilidades de gañar-
-Que equipo ten España, este ano cae algo-
E unha morea de frases que levo escoitado a longo do día de hoxe co mesmo ou similar significado.

Temos que saír desta nube, España xugou ben, marcou goles... a verdade é que algo cambiou, pero non para tanto. Non nos esquezamos que xogamos contra Rusia, que é un equipo bastante modesto. Xa veremos contra Portugal, Holanda, Francia....
De tódolos modos, oxalá gañemos..

martes, 10 de junio de 2008

SANTA MARTA, UNHA ALDEA QUE DESTRUIRON.


Esta foto aínda que quixeramos repetila sería imposible. Foi sacada en agosto do 2002, en Santa Marta, un pobo que foi desaloxado trala construción do encoro de Santo Estebo, por medo a un posible derrumbamento. Fai uns meses decidiron borralo do mapa, e despois duns días de traballo de escavadoras e camións quedou reducida a unha ampla chaira non medio do monte. Aí quedou unha igrexa, casas enteiras, palleiras, alpendres. Aí quedou un pobo.
O contrarío que noutras zonas de Galicia, que reabilitan aldeas enteiras (poño de exemplo a Aldea de Couso, en Sarreaus), aquí prefiren borralas, borrar un pasado, destruír unha cultura.

OS LIMPABOTAS


Sorprendeume que aínda perdure nestes tempos este oficio. Paseando pola praza Maior de Ourense, teñome encontrado no mesmo lugar que mostra esta foto a un limpabotas. Un dos moitos oficios que esta a desaparacer, ainda que co estrés e prisas na que a sociedade está metida, logo non temos tempo nin para limpar os nosos zapatos. De seguir así pode ser un oficio que volva a rexurdir.

lunes, 9 de junio de 2008

DOADE... Ó OUTRO LADO DO SIL

Da páxina web de Doade saquei este video. Dende logo un gran documental destas terras lucenses. A pesar de estar na outra beira do Sil, pertencer a outra provincia, as xentes de Abeleda e Doade sempre estiveron moi unídas. Grandes amizades se fixeron o longo do tempo entre estas dúas aldeas. Grazas por este documental.
video

miércoles, 4 de junio de 2008

CRISE OU DESACELERACIÓN

Esta e a pregunta que esta tan de moda estes días, ven sexa na radio, na televisión ou na propia rúa. Eu personalmente non o teño moi claro. O que si está claro e que gran parte das familias españolas teñense/témonos que apretar o cinto. Penso que se deberían de deixar de tantos debates, de crise ou desaceleración e poñerse mans a obra para sacarnos destas situación. Si si, xa sei que non é tan doado, pero por algo teñen que empezar. Empezou a decaer a construcción, o petróleo que segue a alza, o paro aumentou, "din que en Galicia descendeu"... estamos es situación dificil. Ahora volta a suba na tarifa eléctrica, buffff, todo sobe e sobe, uy perdón os soldos non.
A ver se deixamos de xogar cos termos absolutos e relativos e empezamos a pensar, que detrás dos índices, dos números, atópanse familias enteiras que atravesan unha situación de endebedamento importante. Á sociedade traballadora, fai tempo que nos deixou de importar se era crise ou desaceleración, o que nos importan son as solucións, as medidas. En definitiva, poder seguir vivindo, que non sobrevivindo. Que opinades?.

martes, 3 de junio de 2008

NACE A ASOCIACIÓN DE MOZ@S "OS GRUMOS"

Levabamos tempo pensando en crear unha asociación na Abeleda, e despois de moito esperar por fin podo escribir esto. Os "Grumos", nace para impulsar as novas tecnoloxías neste val, para promover actos culturais e sociais, e contribuir no desenrrolo deste pobo, que nos últimos anos quedou bastante estancado. Creo que toda esta zona do Val de Abeleda, falo de San Paio, Santa Tegra, e Abeleda, teñen algunha da materia prima para conseguilo, agora toca movernos.
Oxalá poida publicar boas novas desta recente creación.